Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Santiago e Vigo celebran a Semana Santa con senllos programas musicais

MúSICA SACRA PARA VER

Santiago e Vigo celebran a Semana Santa con senllos programas musicais

ANTIGA | marzo 10, 2008

imaxe non dispoñible

Chega a Semana Santa e os concellos de Santiago e Vigo acaban de presentar a súa programación musical para estas datas festivas. Santiago organiza a terceira edición do Festival de Músicas Contemplativas, co que o Consorcio pretende abrir o patrimonio eclesiástico que restaura como sede para varios concertos. Pola súa banda, baixo o título “O misticismo nas culturas europeas” comeza a oitava edición do Ciclo de Música Sacra que organiza o concello de Vigo. Tres grupos estranxeiros e un galego integran un cartel que se desenvolve sempre no mesmo espazo, a igrexa de María Auxiliadora.