Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Tino Baz presenta o primeiro disco en solitario da súa extensa carreira de cantor

CINSA NAMORADA

Tino Baz presenta o primeiro disco en solitario da súa extensa carreira de cantor

CANTAUTOR | decembro 17, 2007

not_11240.jpg

Cinsa namorada ( PAI Música), é o primeiro traballo discográfico en solitario do artista guardés Tino Baz, músico de longa traxectoria en grupos como A Roda ou o Orfeón Treixadura. O disco, gravado en casa de Tolos coa produción de Segundo Grandío, ten como finalidade crear un soporte sonoro da obra de Baz como autor, músico e cantor. As once pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campo. O veterano músico Moisés Quintas asume a dirección artística de Cinsa namorada e coordina a participación dos distintos instrumentistas que interveñen no proxecto. O disco presentarase ao público o vindeiro 19 de decembro no Centro Cultural da Guarda, ás 20 horas.

VIDEO | Canción dun pintor
datos do disco