Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Sinfónica de Galicia crea un programa para achegar a música clásica a todos os públicos
A Sinfónica de Galicia crea un programa para achegar a música clásica a todos os públicos
novembro 21, 2007
Un dos retos para este ano da Orquestra Sinfónica de Galicia pasaba por tentar achegarse a todos os públicos. E esa declaración de intencións acaba de converterse nunha realidade a través de “Festiclass”. Trátase dun segundo abono para cinco concertos a baixo prezo (entre catro e doce euros) que tentará facer un achegamento cronolóxico pola creación sinfónica de Beethoven ofrecendo a integral das sinfonías con outras obras como o seu concerto para violín ou a obertura Coriolano.
Máis información no web da Orquestra Sinfónica de Galicia
Tamén che pode interesar:
- 13/ 9/ 2019 | A Orquesta Clásica de Vigo busca novos compositores co certame CreaClásica
- 12/ 2/ 2013 | A Sinfónica de Galicia ponlle música ao entroido cun concerto especial
- 3/ 12/ 2008 | A Sinfónica de Galicia participa no proxecto de YouTube para crear na rede unha orquestra
- 28/ 10/ 2008 | A Sinfónica de Galicia escolle un programa variado para o Festiclass
- 20/ 7/ 2007 | A Orquestra Sinfónica de Galicia presenta a súa programación na que pretende captar público novo