Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Dezasete localidades acollerán os encontros de sesenta e dúas corais do país

REDES CORAIS

Dezasete localidades acollerán os encontros de sesenta e dúas corais do país

CORAL | outubro 5, 2007

imaxe non dispoñible

A Consellaría de Cultura e a Federación Coral Galega organizan un programa de encontros de corais para dar a coñecer o traballo musical que elaboran estas formacións musicais no noso país. As actuacións comezarán mañá na Casa da Cultura do Milladoiro, no concello de Ames e durarán até o 23 de decembro. Os concellos nos que haberá actuación son os seguintes: Brión, Carballo, A Coruña, Ferrol, Narón, Noia, Outes, Sada, Santiago de Compostela, Vimianzo, O Rosal, Oia, A Gudiña, Vigo, Vilaboa e Ourense. En total serán 62 as corais participantes nas actuacións que se desenvolverán en 17 localidades. Nos eventos a coral local encárgase de darlle a acollida ás corais visitantes.
Máis información na Consellaría de Cultura e Deporte