Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A orquestra Olympus buscará en Negreira o Guinness á actuación máis longa da historia
A orquestra Olympus buscará en Negreira o Guinness á actuación máis longa da historia
setembro 26, 2007
Vintecatro horas sen parar de cantar, bailar e tocar agardan aos catorce compoñentes da orquestra Olympus de Negreira a partir das doce da noite do vindeiro 31 de outubro. Esta agrupación musical que ameniza festas por toda Galicia ten como obxectivo bater a marca do Libro Guinness á actuación musical máis longa da historia, que agora mesmo está nas 16 horas continuadas. Para este fin están traballando un equipo de case medio cento de persoas e contan co apoio do seu club de fans, de máis de 4.000 socios, e de varias empresas entre as que hai varios medios de comunicación, bebidas enerxéticas e pilas que nunca se esgotan. A formación, punteira no seu campo, intenta con este fito facer unha homenaxe aos seus seguidores incondicionais e ao resto das orquestras do país que, como eles, animan as festas e verbenas de toda a xeografía. A excepcional actuación terá lugar na Praza do Concello de Negreira e, de ser preciso, instalarase unha carpa.
Máis información en Tierras de Santiago
e no sitio web de Orquesta Olympus
Tamén che pode interesar:
- 4/ 11/ 2008 | Olympus venceu ao reloxo completando máis de vintecinco horas de concerto ininterrompido
- 28/ 10/ 2008 | A Orquesta Olympus superará os seus límites nun espectáculo de máis de vinte e catro horas
- 2/ 11/ 2007 | A orquestra Olympus entra no Libro Guiness das marcas cunha actuación de 24 horas seguidas