Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A OSG grava un disco monográfico dedicado a Joaquín Rodrigo coa guitarrista nipona Kaori Muraji

KAORI MURAJI + OSG

A OSG grava un disco monográfico dedicado a Joaquín Rodrigo coa guitarrista nipona Kaori Muraji

CLáSICA/LíRICA | xullo 17, 2007

not_10350.jpg

A Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Víctor Pablo Pérez grava esta semana na Coruña un disco dedicado á música para guitarra do mestre Joaquín Rodrigo coa guitarrista xaponesa Kaori Muraji (Tokio, 1978). Muraji está considerada como unha das máis brillantes intérpretes de guitarra clásica no panorama internacional. Gañadora do Concurso Internacional de Guitarra Leo Brower en 1992, a artista nipona traballa habitualmente con orquestras do prestixio da Japan Philharmonic Orquestra, Orquestra Sinfónica Nacional da RAI, Shanghai Symphony ou a NHK Symphony Orchestra. O disco, que editará a discográfica DECCA, incluirá o documental “Kaori Muraji in Spain” que un equipo de Universal Xapón filma toda esta semana na Coruña.

Máis información no web da OSG