Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Nace un festival de rock como froito da edición do disco “Gallaecian Metal Compilaton”
Nace un festival de rock como froito da edición do disco “Gallaecian Metal Compilaton”
xullo 2, 2007
En febreiro do 2007 saíu ao mercado o duplo disco “Gallaecian Metal Compilation” editado polo selo Falcatruada. O disco reunía unha escolma de temas de 26 grupos galegos de “hard” e “metal” rock. O proxecto foi organizado polos propios grupos coa intención de dar a coñecer a vizosa saúde do “metal” no país e tan boa semella ser esa saúde e tanta unión creou entre os grupos que agora o proxecto segue a funcionar e pasa a converterse no festival “Gallaecian Metal Fest” no que durante dous días dez destes grupos tocarán en directo a súa música. O evento terá lugar os vindeiros días 13 e 14 de xullo na Carballeira da Guía, en Vigo e a entrada será de balde.
Máis información en Gallaecian Metal Fest
e sobre o disco en Gallaecian Metal Compilation