lg3
inicio» lg3»  criticas» Narrativa 

CRÍTICAS SOBRE Narrativa / 128

SOBRE O LIBRO "OS OLLOS DE K"
A aventura de crear ficcións
Na súa busca de novas historias que contar, o escritor Suso Paradela convértese involuntariamente no protagonista dunha novela que escapa ao seu control. Riveiro Coello explora a fráxil liña que separa ficción de realidade nesta ambiciosa novela de corte detectivesco e fondamente metanarrativo sobre os alicerces da escrita. Anxos García Fonte achega as principais claves da obra.


SOBRE O LIBRO "MENTRES A HERBA MEDRA"
A imaxe do que somos
Volve Xesús Rábade ao panorama narrativo cunha obra pouco convencional, que vén de facerse co Premio Blanco Amor 2006. Novela na que se cruzan, en conxunción coral e sobre unha base rítmica jazzística, tres xeracións que dialogan e debaten. Herdeiras e herdeiros dun pasado que deixou en nós marcas indelebles que o presente non pode cambiar e que o futuro debe coñecer. Unha historia que se constrúe nun “mentres” en que os diferentes tempos acaban por se confundir.


SOBRE O LIBRO "CARDUME"
Fotografía da cidade que foi
Ambientada nun Vigo industrial e atlántico, Cardume é un crisol de personaxes que evolucionan e logran subsistir as miserias dunha cidade desacougante. Rexina Vega consegue nesta novela gañadora do Premio Xerais 2007 retratar cunha prosa tan precisa como sutil e cargada de significacións ese Vigo que se converte en peirao que mira ao mundo, que vive o soño da luz eléctrica, que quixo ser fervello cultural activo, que viviu unha guerra e se expandiu ata rematar convertido no cerne industrial de Galicia, tal e como aínda hoxe o coñecemos.


SOBRE O LIBRO "BENQUERIDA CATáSTROFE"
Sobre as transformacións das eirugas
Esta nova novela de Teresa Moure, tras o éxito rotundo de "Herba moura", propón a quen le unha indagación sobre esoutro sexo que levamos dentro. A xuízo desta crítica obra desprende un certo alento de novela de tese, cun didactismo miúdo pero efectivo, que escurece o resultado final dunha ficción que podía aspirar a máis.


SOBRE O LIBRO "CASE PERFECTO"
Tras a sombra da parodia
Mayoral mostra en "Case perfecto" unha complexa trama de sentimentos e intriga que une e desune aos membros dunha familia. Unha traxedia paródica da familia de clase acomodada pertencente ao mundo da chamada alta cultura, e da teima que parece ter en procurar a infelicidade. Páxinas que é complicado deixar de ler, que se devoran.


SOBRE O LIBRO "OS PAXAROS TAMéN MIGRAN AO SUR"
Sensibilidade narrativa
Unha historia de amor transgresora que se desenvolve nunha cidade onde a comunicación humana non é doada. Unha novela que cuestiona a sociedade consumista postmoderna. Unha ambientación moi coidada e un erotismo elegante. Un texto engaiolante que non podemos deixar de ler até o final. A ópera prima de Cerradelo, Premio Terra de Melide 2006, é un verdadeiro descubrimento, unha desas novelas para somerxerse de cheo no pracer de ler. Estes paxaros que migran ao sur agochan moitos segredos, que quen le descobre coas mesmas doses de sorpresa ca de pracer.


SOBRE O LIBRO "PALABRAS CONTADAS"
Relear os adxectivos
Máis dun cento de microrrelatos, outros trinta argumentos de novela, ademais de cinco relatos algo máis extensos, a xeito de bises. A través da literatura breve o autor aborda, con grandes doses de humor e ironía, non exentas de melancolía, os temas e os xéneros máis característicos da narración: o amor, a morte, a dor ou a alegría.


SOBRE O LIBRO "A CASA DOS ENCONTROS"
No Gulag, o arquipélago da destrución
A edición galega da novela do escritor inglés Martin Amis, chega un mes despois da súa publicación en Inglaterra, converténdose na primeira das publicadas noutra lingua. Amis dá unha maxistral clase de literatura rusa.


SOBRE O LIBRO "OS MéRCORES DE FRA"
Os perigos de morrer en mércores
Dende neno, Arturo Fra convive cun aviso definitivo: a morte agárdao en mércores. Esta obra, Premio Risco de Creación Literaria, reúne diferentes ingredientes literarios nunha receita en principio sinxela, mais difícil de lograr. A novela emana o arrecendo da fantasía que convive co cotián e o absurdo.


SOBRE O LIBRO "TRES SEGUNDOS DE MEMORIA"
Tres segundos de lectura
A novela gañadora do Premio Xerais 2006, fai un retrato dun sector urbano e moi damnificado da sociedade actual, onde a espontaneidade abrolla por enriba do politicamente correcto. Na súa lectura María Liñeira acha nesta obra unha viraxe na curta e prometedora traxectoria do autor.


SOBRE O LIBRO "OS LIBROS ARDEN MAL"
Farrapos da dramática historia
A agardada novela de Manuel Rivas que se desenvolve nun período que vai do 1881 deica os nosos días, entre o falecemento de George Borrow e o dun vello anarquista galego chamado Polca. Obra para lectores de fondo, oculta no seu interior a xenerosidade do escritor fecundo, construtor de secundarios, hábil na técnica do rescate cunha soa liña.


SOBRE O LIBRO "SE BUSCABAS UN DEUS"
O retorno da Trama. Parte I
Mesturando realidade e ficción, e situándonos nun futuro achegado, “Se buscabas un deus” vai atrapando ao lector no fío dunha inusitada trama que, ao tempo que presinte a desfeita, camiña parella á escolla do que nos quedará: resignarse ou buscar o amor e a liberdade. Xabier Quiroga é o fenómeno silandeiro da literatura galega, escribe novelas devagar, cun personalísimo estilo que esperta fortes opinións. E se estas son positivas, entusiastas, fideliza lectores.


SOBRE O LIBRO "O CONDUTOR DE AUTOBúS QUE QUERíA SER DEUS"
Arquipélago Kebab
Servíndose de situacións fantásticas e utilizando o humor Keret debulla os conflitos da convulsa sociedade israelí á que pertence e ofrécenos un escudo protector contra a miseria e o desencanto. Nos catro contos e a novela curta que compoñen o libro, o autor escribe, cun sentido do humor absurdo e cheo de ironía, as historias de xentes confusas e deliberadamente non épicas que viven no contorno de Tel Aviv.


SOBRE O LIBRO "HOME SEN NOME"
Ano da Memoria. Episodio I
Un relato de ficción onde pairan como escena de fondo os acontecementos da represión en Galicia durante os días do alzamento e os anos da posguerra. Unha reflexión perturbadora sobre a memoria que deita a mirada dun dos verdugos, un ser tan atroz como coherente.


SOBRE O LIBRO "HERBARIO"
Do que houbo antes da caída
Este libro foi concibido como un libro ao que acudir na procura de consello ou axuda para calquera dificultade que poida atopar na vida, un libro que se pode consultar abrindo unha páxina ao azar. Para María Liñeira "Márai atrévese con todo, e para todo ten unha resposta que aparece rotunda e monolítica, aínda que veña a contradicirse vinte páxinas máis adiante."


SOBRE O LIBRO "O CIDADáN DO MES"
Horacio Dopico: Un anónimo e humilde consumidor de destilados
O detective Horacio Dopico deberá moverse con moita precaución nunha complexa intriga onde a dobre moral e a corrupción non son patrimonio exclusivo da clase política. Segunda obra do autor, que repite personaxe protagonista e segue creando material narrativo de xénero negro de boa calidade.


SOBRE O LIBRO "BROOKLIN FOLLIES"
A arte do encontro
Paul Auster sitúa en Brooklyn o centro dunha desas encrucilladas da vida polas que o destino vai facendo pasar á xente. Nesta novela que contén moitas historias o barrio é a personaxe central, a colmea, e alí converxen os seres humanos que habitan a novela. Auster fala da empatía, do interese e necesidade que os seres humanos teñen os uns polos outros.


SOBRE O LIBRO "MENIñA DE CRISTAL"
Outra vaca no millo, ou de como “eu tamén teño sentimentos encontrados”
Primeira novela desta nova autora, cuxa idea inicial do relato resultou gañadora do singular certame Biblos-Pazos de Galicia na súa primeira edición. Esta orixinal obra, resultante dun proceso de escritura titorizado por Méndez Ferrín, é unha novela de aprendizaxe, sinxela, que narra a viaxe iniciática da protagonista, Xiana, á terra dos seus devanceiros, Santo Andrés de Teixido.


SOBRE O LIBRO "TRAXECTOS CURTOS"
A intimidade en tránsito
Manuel Pereira preséntanos, na súa primeira obra de narrativa, un libro no que explora a combinación de diferentes linguaxes artísticas para contar as súas historias que comparten o elemento común da viaxe como fío que enlaza cada un dos relatos e aos personaxes nun contexto real e metafórico a un tempo. Un libro no que cada relato é como un traxecto curto nunha gran viaxe.


SOBRE O LIBRO "NAS CATACUMBAS"
Fitando con horror o río do tempo
A segunda entrega da triloxía «Evanxélica memoria», proxecto narrativo que conta en clave de novela a represión sufrida polas comunidades evanxélicas en Galicia, céntrase no período que vai do final da guerra civil ao remate dos anos corenta. Este libro enfronta aos lectores coa realidade da posguerra, marcada pola brutalidade fascista e pola resistencia dos derrotados, que tentan sobrevivir nunha sociedade consumida e amedrentada.


CRÍTICAS POR XÉNERO


Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal