lg3
inicio » lg3 » críticas

CRÍTICAS / 346

SOBRE O LIBRO"O DIVINO SAINETE"
Sátira maxistral
Poucas obras dentro da literatura europea teñen atacado e ridiculizado de xeito tan incisivo ó comportamento da Igrexa. A prensa e os críticos de dereitas chegaron a dicir que o seu lugar era "as tabernas e os lupanares" ou mesmo que o destino axeitado para tal obra era "ser queimada por man do verdugo na praza pública".


SOBRE O LIBRO"RETORNO A TAGEN ATA"
O eterno retorno
En 1969 Xosé Luís Méndez Ferrín foi detido logo de atopárselle nun rexistro domiciliario o manuscrito dunha novela, "Os corvos, a figueira e a fouce de ouro" dedicada ós guerrilleiros antifranquistas galegos. A raíz daquela detención, o escritor viuse recluído durante dous anos en diferentes prisións, e daquel encerro, escribindo cun bolígrafo sobre un caderno, naceu "Retorno a Tagen Ata", datado na cadea da Coruña e Agosto de 1970.


SOBRE O LIBRO"FAUSTO"
Trato co demo
A historia de Fausto é a historia dunha época na que o home sinte que é capaz de dominar o mundo e descubrir todas as regras que o rexen. A capacidade que Goethe da ó doutor Fausto para elixir con liberdade por riba dos principios morais e relixiosos fixo que a obra non sempre fose ben recibida polos poderes fácticos. Así, en 1808 o goberno de Prusia prohibía o Fausto, esixindo a supresión das partes referentes á liberdade por consideralas "subversivas", tamén en España, no fin da guerra civil baixo a dictadura franquista, prohíbese a venta do libro en todas as librerías.


SOBRE O LIBRO"PEQUENO SOL SATéLITE"
O mosquito que axexa
Cunha ironía reflexiva e cunha técnica próxima ó experimental o poemario "Pequeno sol satélite" (Amastra-N-Gallar,2001) é a segunda obra deste poeta lugués afincado en Francia, que el mesmo ofrece para a súa distribución de balde a través de Lg3.


SOBRE O LIBRO"BREVIARIO ENCICLOPéDICO"
A carballeira invisible das palabras
"Quen sabe quén é, sabe quén pode ser; e quen sabe de ónde ven sabe a ónde pode chegar". Esa é a lección aportada por Eladio Rodríguez na súa obra que despois de máis de 60 anos da súa edición orixinal segue a ser de obrigada consulta e consigue aportar agora con esta edición do Breviario Enciclopédico por La Voz de Galica, o coñecemento sobre as raíces culturais populares galegas na súa relación conxénita coa identidade da lingua galega.


SOBRE O LIBRO"GALICIA INFINDA"
A infinitude da Galicia mexicana
Florencio Delgado Gurriarán caracterízase por ser un poeta do exilio, desenvolvéndose a maior parte da súa producción en México. Alí realizou un importantísimo labor a prol da cultura galega fundando e dirixindo publicacións coma "Saudade" ou "Vieiros" e participando en diferentes asociacións. Tamén alí escribiu o seu máis coñecido poemario, "Galicia infinda".


CRÍTICAS POR XÉNERO


Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal