Padre Casares |

de AVG | O soportal do audiovisual galego

Padre Casares
Comedia coral que comeza cando o crego moderno Horacio Casares chega á viliña costeira de Louredo para sustituir o vello Crisanto, párroco de toda a vida. Estrea 15/1/08. Na altura de 7/1/09 é o programa máis visto das canles autonómicas segundo Barlovento vía Voz. Producíronse tres temporadas de 13 episodios e seis con 15E. Estrea da 9T o 26/9/11 co novo párroco, Rodrigo Álvarez, no episodio 115. Alcanza o 160º capítulo, 12ª temporada e 5º aniversario o 7/1/13. Adaptada a Illas Baleares (“Mossèn Capellà”), Andalucía (“Padre Medina”) e Valencia (“Senyor Retor”).

Palmarés: Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu os galardóns de mellor serie de TV e de mellor realización. Serie candidata a cuatro Ninfas de Ouro do Festival de Televisión de Montecarlo (entregados en xuño de 2009). A xunta directiva da Academia das Ciencias e das Artes da Televisión de España selecciouna para optar ao premio ao mellor programa autonómico de ficción de 2008. En 2011 a Conferencia Episcopal Española otorgoulle o galardón ¡Bravo!.

vIDEOS | VER todos os videos de Padre Casares  (24)

Galería de imaxes | VER AS 58 fotos de Padre Casares

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org