Guionista
Nome completo: Carlos Portela Orjales
Vigo 1967
Foi guionista do Xabarín Club entre 1995 e 1999, presentando ademais o “Consultorio do Dr TNT”, que o popularizou na pequena pantalla. Contribuiu a outros sete programas da TVG e ten escrito para diversas teleseries. Redactou as locucións da docuserie “Chunda Chunda”, na que comezou a súa asociación creativa con Jorge Coira. Con este director colaboraría despois no telefilme “Entre bateas” e na primeira longametraxe de ambos, “O ano da carracha”. Portela é tamén un coñecido guionista de cómics, e traballou como director creativo de promocións da TVG. Actualmente é director de desenvolvemento de Voz Audiovisual.
FILMOGRAFÍA
- Porca miseria (2014)
- Piratas (2011)
- Matalobos (2009)
- Padre Casares (2008)
- Historias de Galicia (2007)
- Hotel Tívoli (2006)
- Sen chumbo (2006)
- Maridos e mulleres (2005)
- O ano da carracha (2004)
- Cuarto sen ascensor (2004)
- Entre bateas (2001)
- Galicia Exprés (2000)
- Chunda Chunda (2000)
- Rías Baixas (1999)
- ¿A ti como se che di adeus? (1999)
- Xabarín Club (1994)
- Luar (1992)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Carlos Portela (54)
Data: 26 / 2 / 2024
O guionista Carlos Portela consegue o Premio Zona Cómic Todostuslibros
Data: 31 / 1 / 2024
Bea Lema e Carlos Portela voltan do Festival de BD de Angoulême con galardóns
Data: 23 / 11 / 2023
Bea Lema e Carlos Portela optan aos premios do Festival de BD de Angoulême
Data: 13 / 4 / 2023
Eli García Debuta na BD con O grande aviario
Data: 10 / 8 / 2022
ECC cómics publica a versión completa da BD A conta atrás