O guionista Carlos Portela consegue o Premio Zona Cómic Todostuslibros

A novela gráfica Contrition continúa a acumular galardóns

As librarías especializadas en banda deseñada do Estado seleccionaron a novela gráfica Contrition, do guionista galego Carlos Portela, como a Mellor Obra Nacional Publicada en 2023. O colectivo Zona Cómic, que agrupa estes establecementos no seo da Confederación Española de Gremios y Asociacións de Libreiros (CEGAL), recoñeceu esta obra ilustrada polo debuxante madrileño Keko co Premio Zona Cómic Todostuslibros.

A obra, que narra un caso policial nunha comunidade de delincuentes sexuais no Estados Unidos, foi xa recoñecida cun galardón Fauve Polar no Festival Internacional de BD Angoulême, de Francia.