Ana Santos / Actriz

Ana Santos

de AVG | O soportal do audiovisual galego

 Ana Santos
Ana Santos
Actriz
Nome completo: Ana Santos
San Cosme de Antes (A Coruña) 1965   



Os papeis que máis a teñen popularizado son os de Pitusa (Mª Xesús Seoane) en Mareas Vivas, entre 1998 e 2002, e o de Elsa en Padre Casares, desde 2008. É actriz de dobraxe desde 1985, labor que continúa a desenvolver na actualidade. No teatro comezou no 1996, e ten interpretado durante unha década con compañías como Teatro Galileo ou Espello Cóncavo. O seu debut na TVG veu da man de Mareas Vivas, e leva desde daquela traballando ininterrompidamente na pequena pantalla autonómica.

Formación específica: Varios cursos de ortofonía e dición con Jesús Aladrén (1987, 1988-89 e 1991-94). Dramaturxia e historia do teatro con Xan Cejudo (1988-89). Mimo e acrobacia con Alberto Penas (1988-89). Interpretación orgánica con Martín Adjemián (1988-89). Interpretación, danza-jazz e expresión corporal con Begoña Valle (1988-89). Interpretación con Ztvila Pieprzak (1991-92). Corpo por Nikolai Karpov (1995). Voz por Irina Promptovoa (1995). Interpretación por Natalia Zvereva (1995). Teoría práctica do esperpento por Ángel Facio (2002). Traballo integral para actores por Marina Wainer Levy (2004). Voz por Marta Pinillos (2005). Creación escénica por Ana Vallés (2006).

FILMOGRAFÍA

Videos | Ver 17 videos de Ana Santos

Galería de imaxes | ver As 4 fotos de Ana Santos

NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Ana Santos (3)

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org