Guionista
Nome completo: Ramón Campos Sáez
Noia (A Coruña) 1975
Comezou en teleseries da canle vasca ETB. Foi analista de guións para Continental. Colaborou durante dous anos con Filmanova. Compaxinou a escritura coa impartición de cursos de guión nos masters de produción audiovisual e de creación dixital da Universidade da Coruña. No período 2004-07 dirixiu o departamento de desenvolvemento de Voz Audiovisual, contribuindo á concepción de "Son de estrelas", "Buscando estrelas" e "Padre Casares". É produtor executivo do Grupo Ganga desde 2007, na que fixo concepción, guión, edición de guións e produción executiva de "Desaparecida" (TVE). En 2008 cofundou a produtora Bambú Producciones, con Teresa Fernández-Valdés.
Formación específica: Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Navarra. Curso de escritura para TV-movies organizado pola TVG, Grupo Voz e Continental.
FILMOGRAFÍA
- Garbo (2012)
- Hispania, a lenda (2010)
- Gran Reserva (2009)
- Desaparecida (2008)
- Padre Casares (2008)
- Guante branco (2008)
- Son de estrelas (2007)
- A vida por diante (2006)
- Cuarto sen ascensor (2004)
- Diario dun skin (2004)
- As leis de Celavella (2003)
- Secuestrados en Xeorxia (2002)
- Entre bateas (2001)
- Galicia Exprés (2000)
- Boa sorte (1998)
Galería de imaxes | ver As 1 fotos de Ramón Campos
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Ramón Campos (7)
Data: 21 / 4 / 2022
Comeza a rodaxe de '13 exorcismos' apoiada desde o Hub Audiovisual
Data: 28 / 3 / 2018
Trotaventos presenta o libro-disco 'A fiestra dos soños'
Data: 10 / 11 / 2017
'A viaxe de Yoyo' saca os sons de DOUS a pasear polo mundo
Data: 7 / 6 / 2013
A entrega de premios pon fin ao I festival de cine e televisión Camiño de Santiago
Data: 23 / 1 / 2013
Bambú Producciones incorpórase ao Clúster do Audiovisual Galego