A entrega de premios pon fin ao I festival de cine e televisión Camiño de Santiago

María Pujalte recibe o premio pola súa traxectoria audiovisual

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Hoxe remata o I Festival de Cine de Televisión Camiño de Santiago. Faino cunha gala na que se entegarán os premios a mellor película (dotado con 10.000 euros), mellor actriz e mellor actor. Pero non serán os únicos galardóns, xa que tamen hai premios para a mellor traxectoria audiovisual que este ano recae na actriz María Pujalte; ou para a mellor serie nacional que é para o traballo Gran Hotel que produce Bambú producións, liderada polo galego Ramón Campos. O premio Estela Solidaria vai para a Asociación AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) polo traballo As outras voces de Israel e Palestina, dirixido por Luisa Pérez Puga.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camiño de Santiago, Cine, Ramón Campos, Palestina

Claves

Protagonistas
Lugares