
Actor
Nome completo: Victoria Pérez Varela
A Coruña
Web propia
Desenvolve a maior parte da súa actividade no ámbito teatral. No audiovisual traballou en coñecidas teleseries autonómicas, en telefilmes e en curtametraxes como Mundo Cocido (2005), Incomunicados (2006) e Atma (2008).
Premios e recoñecementos: Premio á mellor actriz do Festival de Teatro Galego (O Carballiño 2008).
Formación específica: A sua primeira formación actoral foi no teatro físico, na Comedia dell´arte, da man de mestres como Carlo Boso e Antonio Faba. Licenciada en Humanidades, postgraduouse en Teatro e Cine pola Universidade da Coruña. Ampliou a sua formación recibindo clases de canto con Pablo Carballido, de danza con Chevy Muraday e de dobraxe con Luis Iglesia. Realizou cursos de interpretación cinematográfica con Mariano Barroso, Iñaqui Aierra, de emotion tecnique con J.C Morales e de sit com con Laura Caballero.
FILMOGRAFÍA
- Padre Casares (2008)
- A vida por diante (2006)
- Incomunicados (2006)
- Diario dun skin (2004)
- Con perdón (1997)
NOTICIAS RELACIONADAS | todas as novas de Victoria Pérez (7)
Data: 25 / 6 / 2025
Hércules de Ediciones presenta Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos
Data: 14 / 10 / 2024
Redrum teatro estrea o espectáculo de monicreques 'Os contos do Lobicán'
Data: 21 / 2 / 2023
Teatro contra o estigma dos menores tutelados
Data: 16 / 2 / 2018
Comezan os ensaios do Divinas palabras do Centro Dramático Galego
Data: 15 / 3 / 2016
La Yogurtera presenta A forma das cousas na Coruña