La Yogurtera presenta A forma das cousas na Coruña

Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez e Machi Salgado poñen en escena un texto de Neil Laboute

A forma das cousas é o título da montaxe teatral coa que a andar a compañía La Yogurtera. O Teatro Colón da Coruña acolle o vindeiro venres 18 a estrea deste proxecto, no que Sara Casasnovas, Borja Fernández, Victoria Pérez e Machi Salgado intrepretan un texto de Neil Laboute baixo a dirección de Carlos Álvarez-Ossorio e con acompañamento musical de Pablo Seoane. A obra é "unha comedia negra ao redor de catro personaxes que se ven envoltos nunha serie de accións nas que a manipulación afecta as relacións interpersoais, a amizade e a mesma evolución humana". A historia céntrase na relación de Evelyne, unha excéntrica estudante de arte entregada á preparación da súa tese, e Adán, un mozo inseguro e sen sorte no amor disposto a cambiar a súa vida enteira para aceptado pola rapaza. A montaxe continuará a súa xira por Rianxo (19 de marzo), Ourense (14 de Abril), Santiago (16 e 17 de abril) e Cangas (27 de maio).