22/08/2024
Un informe sinala que o OUFF tivo un impacto de difusión valorado en case seis millóns de euros
Ás portas da súa 29º edición, que será do 27 de setembro ao 6 de outubro, a dirección do Ourense Film Festival (OUFF), organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia, ven de facer públicos os resultados dun informe de impacto económico sobre a edición do pasado ano. Segundo este traballo realizado pola consultora RedCo3 a edición 28º do OUFF de 2023 xerou un retorno económico, a nivel de difusión de imaxe e novas do festival, de 5.900.000 euros. Estes datos confirmarían un retorno de 13 euros por cada euro invertido do seu orzamento total. Segundo a organización do OUFF, con estes resultados o festival consolídase como o evento da provincia que conta cun maior impacto en medios de comunicación e redes sociais, acadando unha gran visibilidade para a cidade de Ourense e a provincia nos medios de comunicación..
Amplía a nova>>
09/08/2024
Nace en Bóveda Vendaval, a Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra
O centro cultural A Casa da Memoria, en Xullán (Bóveda) e mais o Centro do Viño da Ribeira Sacra, en Monforte, acollerán entre o 23 e o 25 de agosto a primeira edición de
Vendaval. Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra. Esta cita, que coordina a produtora Tamara González, céntrase na memoria histórica, a coincidir con 50 aniversario da Revolução dos Cravos. .
Amplía a nova>>
09/08/2024
Margarita Ledo presenta 'Prefiro condenarme' no Festival de Locarno
O Festival de Cine de Locarno, que está estes días a celebrar a súa 13ª edición na localidade suíza, acollerá o primeiro pase mundial da nova longametraxe da cineasta Margarita Ledo Andión. O filme 'Prefiro condenarme', que inicia deste xeito o seu percorrido no circuíto de festivais, poderase ver dentro da sección
First look, un apartado dentro do programa para profesionais que ofrece o festival e que está dedicado a filmes en proceso de post-produción. O feito de que este ano sexa a cinematografía española a que centre este espazo con seis proxecto, permite que a longametraxe de Ledo Andión sexa unha delas, grazas aos organismos estatais ICAA e ICEX. Os filmes de
First Look presentaranse ante un público profesional internacional de programadores , axentes comerciais e representantes de fondos de investimento para a post-produción. Esta sección ten tamén os seus propios galardóns, fora da competición oficial do festival, decididos por un xurado de directores e comisarios de varios festivais..
Amplía a nova>>
06/08/2024
Miguel de Lira recibirá o premio do Festival RiR de Allariz
A nova edición do premio RiR Contigo, que recoñece traxectorias profesionais vinculadas á comedia no noso país foi para Miguel de Lira. O actor e cómico ve recoñecido o seu labor de anos neste campo no marco do VII Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiR de Allariz, que se celebra na Vila do Arnoia entre os vindeiros 1 e 7 de setembro..
Amplía a nova>>
05/08/2024
Zas acolle o I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema
A vila de Zas convértese este sete de agosto na capital do audiovisual galego. A Coordinadora Galega de Festivais de Cinema
Proxecta organiza nesta localidade o I Encontro Atlántico de Festivais de Cinema, unha cita que pretende "crear un espazo relacional que inclúa outras áreas do sector audiovisual, facilitando o debate e a reflexión conxunta entre representantes de festivais de cinema, cineastas e profesionais da industria"..
Amplía a nova>>
02/08/2024
As axudas ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais manteñen a contía
Desde este 2 de agosto e ata o vindeiro 2 de setembro, as produtoras independentes poden solicitar o apoio das subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos que convoca a Axencia Galega das Industrias Culturais. Cun orzamento de 300.000 euros, ao igual que en 2023, esta liña apoia as tarefas previas á produción de proxectos galegos de longametraxes e series tanto de ficción, como de animación ou documentais. .
Amplía a nova>>
02/08/2024
Vilagarcía centra a súa Semana de Cine no son
O son e o silencio preséntanse como os eixes da nova xeira da Semana do Cine que acolle Vilagarcía de Arousa entre o 4 e o 10 de agosto. O programa que coordina o Cineclub Ádega co apoio do Concello contará o vindeiro día 7 cun obradoiro sobre o silencio a cargo de Juan Quintáns e cunha proxección do filme mudo
Safety last!, de 1923 con música ao vivo a cargo de Fuzzo..
Amplía a nova>>
01/08/2024
A Fundación Margarita Ledo abre sede en Castro de Rei
Castro de Rei, en Lugo, conta desde este 31 de xullo cun novo espazo cultural. A Fundación Margarita Ledo Andión inauguraba nesta localidade A Casa da Galería coa presentación da antoloxía poética
Prefiro condenarme e mais coa apertura da mostra de debuxos
Paisaxe interior [debuxos que escriben versos] que Luís Moscardó realizou a partir dos versos da autora..
Amplía a nova>>
30/07/2024
As axudas a talento audiovisual reparten 176.000 euros entre 11 proxectos
A Axencia Galega das Industrias Culturais deu a coñecer a resolución da liña de subvencións para a promoción do talento audiovisual galego. En total concedéronse os 176.000 euros de orzamento con que contaba esta liña, que apoiarán o desenvolvemento de 11 proxectos de curtas e longametraxes..
Amplía a nova>>
24/07/2024
Premio de honra do FIC Bueu para María Vázquez
O Festival Internacional de Cinema de Bueu, Fic Bueu, ven de facer pública a concesión do seu galardón honorífico deste ano, Premio Cinema Galego. A honra será para a actriz María Vázquez (Vigo, 1979). Vázquez estivo nomeada ao Goya á Mellor Actriz este ano polo seu traballo en 'Matria', filme polo que recibiu en 2023 a Biznaga de Oro á Mellor actriz no Festival de Málaga e levou este mesmo ano o Premio Pedigree de Honra no Festival de Cans A actriz recollerá o galardón durante a celebración da 17ª edición do festival o 14 de setembro, nun acto que incluirá unha conversa coa intérprete..
Amplía a nova>>