O Festival de Cine de Locarno, que está estes dÃas a celebrar a súa 13ª edición na localidade suÃza, acollerá o primeiro pase mundial da nova longametraxe da cineasta Margarita Ledo Andión. O filme 'Prefiro condenarme', que inicia deste xeito o seu percorrido no circuÃto de festivais, poderase ver dentro da sección First look, un apartado dentro do programa para profesionais que ofrece o festival e que está dedicado a filmes en proceso de post-produción. O feito de que este ano sexa a cinematografÃa española a que centre este espazo con seis proxecto, permite que a longametraxe de Ledo Andión sexa unha delas, grazas aos organismos estatais ICAA e ICEX. Os filmes de First Look presentaranse ante un público profesional internacional de programadores , axentes comerciais e representantes de fondos de investimento para a post-produción. Esta sección ten tamén os seus propios galardóns, fora da competición oficial do festival, decididos por un xurado de directores e comisarios de varios festivais.
'Prefiro condenarme' (Nós PCG, 2024) é o novo traballo de Margarita Ledo tras 'Nación' (2020) e cuxo guión asina xunto con Eva Veiga. Nel, usando de novo a linguaxe da docu-ficción, a cineasta conta a historia real de Sagrario Fra, mariscadora de Ferrol á que en 1972 a Audiencia Eclesiástica de Santiago de Compostela condenou por cometer adulterio. Nese momento da nosa historia recente eran moitas as mulleres que eran encarceradas ou encerradas nun hospital psiquiátrico por ese motivo, considerado como acto criminal. A actitude de Sagrario Fra foi a de insubordinación. A pelÃcula conta esta historia na que se entrelazan desexo, desobediencia e clase social no tempo da ditadura, en que cuestións como o chamado adulterio ou o abandono do fogar eran considerados “delitos especÃficos das mulleres". O filme rodouse nos meses de xaneiro e febreiro en distintas localizacións galegas como Lugo, Castro de Rei, Ferrol, Fene, Pontedeume o Santiago de Compostela, onde tamén puido gravar dentro da Catedral, entre outras localizacións. As actrices Melania Cruz, Iria Piñeiro e Mónica Camaño conforman a parte protagonista do elenco artÃstico.