A estrea mundial da longametraxe Nación no Festival de Cine Europeo de Sevilla tivo coma resultado o primeiro galardón para esta produción. O xurado do festival decidiu outorgar á realizadora o filme, Margarita Ledo Andión, o Premio Especial á mellor dirección de pelÃcula española que fixera estrea nacional ou mundial nesta edición do festival sevillano. Do filme o xurado valora a complexidade do traballo de investigación que supón "a favor da memoria das mulleres galegas que traballaron nas fábricas da incipiente modernización do século XX, e despois sufriron as consecuencias da reconversión industrial". Ademais sinala sobre a factura da realización galardoada como a súa "delicada aproximación a través da documentación e da reconstrución do imaxinario do entorno, do contexto e das súas vidas encárnase a través do retrato de varias mulleres, verdadeiras protagonistas do relato". O xurado fai especial mención do tratamento sonoro da pelÃcula, que consideran crucial para afirmar "o impresionante valor das imaxes que compoñen o documental", conclúen. Margarita Ledo recibe tamén estes dÃas o Premio de honra de Cineuropa en Santiago, onde ademais se proxecta Nación.
Outro documental galego recentemente estreado, Entre pastores e lobos, de Manuel Pedrosa ven tamén de pasar con nota a súa estrea. A produción de divulgación medioambiental sobre a convivencia entre as comunidades de lobos e as persoas, gravada nas serras ourensás estreábase a pasada semana no 27º SUNCINE, Festival Internacional de Cine de Medio Ambiente de Barcelona, exhibÃndose a través da páxina web do festival. Esta produción acadou finalmente dous dos galardóns do palmarés deste festival: o Premio a Mellor Produción Sostible e o valioso Premio Click del Público. Cinco anos de traballo levoulle a Manuel Pedrosa a realización do documental. A pelÃcula fai un percorrido polos camiños e pistas das serras ourensáns de Manzaneda e Vilariño seguindo as poboacións de lobos nun entorno ao que acceden poucos seres humanos cos que estas comunidades animais interactúan