A Axencia Galega das Industrias Culturais deu a coñecer a resolución da liña de subvencións para a promoción do talento audiovisual galego. En total concedéronse os 176.000 euros de orzamento con que contaba esta liña, que apoiarán o desenvolvemento de 11 proxectos de curtas e longametraxes.
Os principais apoios desta convocatoria son os orientados a proxectos de longametraxes, nos que Acarino Films com Proto, Sós de Omen, e Xuño en xullo. Retablo dos traballos e os días de Francisco Javier Codesal Pérez recibiron cadanseus 40.000 para se desenvolver.
As axudas para a realización de curtametraxes para proxecto, dotadas con cadanseus 8.000 euros foron para Claudia Brenlla López por Antes de antes, Paula Pereira González co proxecto Algo novo que contar, Raquel Álvarez Méndez, que presentou A misteriosa desaparición de Ángel e Raquel, Pablo Aguilar Martín co proxecto Niño Monaguillo e os seus pecados, Santiago Pereira Lorenzo para Traslatio e Iria Silvosa Peteira para A pena. Na modalidade de curtametraxes en construción, Cristela Torres Nine obtivo unha axuda de 4.000 euros para Canción 37 e Danga Danga Audiovisuais outros tantos para Mounir.
A convocatoria apoia a "creación de obras audiovisuais con decidida vocación artística e cultural e, en concreto, a realización de curtametraxes a cargo de creadores/as individuais, e a posprodución de curtametraxes e a realización de longametraxes a cargo de empresas individuais ou produtoras".
En paralelo, a Agadic deu coñecer tamén a resolución da súa liña de apoios para "laboratorios, incubadoras e residencias de proxectos audiovisuais", na que se distribuíron 173.397 euros entre cinco proxectos.
O Conecta Lab que coordina a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e da Realización encabeza o apoio público a este tipo de proxectos, cunha concesión de 50.000 euros. Ségueo o Intersección Lab, vencellado ao festival do mesmo nome, que suma 44.665 euros da convocatoria.
A plataforma Ventura, promovida desde o Play-Doc de Tui, obtivo 41.352, mentres o eSe8 Lab, vencellado ao festival coruñés S8 levou 23.760 euros da convocatoria. Fecha a listaxe a terceira edición do Agapi impulsa Copros, que obtivo 13.619. Ficaron sen distribuír 26.602 euros desta liña de axudas.