Novas | 2641 a 2650 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

02/11/2009
A Feira de Cultura da Coruña celebrarase os días 28 e 29

A anunciada feira de industrias culturais coa que o Concello da Coruña quere darlle continuidade ao Cultur.gal este ano xa ten datas. Os vindeiros días 28 e 29 deste mes o recinto de Palexco acollerá AchegArte, Feira da Cultura da Coruña. A organización prevé que arredor de sesenta empresas, colectivos e institucións participen neste evento, chegandos de sectores tan variados coma a edición, as artes escénicas, o audiovisual ou a música entre outras.. Amplía a nova>>

02/11/2009
Un filme sobre o compromiso social e de parella gaña o VII Festival Amal

Un mozo para Yasmina é unha fábura veraniega sobre os matrimonios de conveniencia, o compromiso social e a vida en parella. Ademais, o filme acaba de facerse co premio principal da VII edición de Amal, o festival de Cine Euroárabe. O premio na categoría de mellor documental foi compartido por O pobo dun só home e Checkpoint Rock: Cancións desde Palestina. O Teatro Principal de Santiago acolleu o sábado a clausura do festival que contou coa actuación do músico francoargelino Fayçal Salhi.. Amplía a nova>>

02/11/2009
Dúas producións galegas no palmarés da 54 edición da Seminci

Na súa segunda incursión cinematográfica (a primeira foi co documental A casa da miña avoa) Adán Aliaga acaba de conseguir un dos premios máis destacados da sección oficial da Seminci, o Pilar Miró, que recoñece o labor dos realizadores con menos experiencia no certame. Foi grazas a Estigmas (producida por IB Cinema) a adaptación cinematográfica da novel gráfica de Mattoti e Piesanti que conta a reacción dun home ao que lle saen uns estigmas nas mans. Canda este título, o documental Señora de, dirixida por Patricia Ferreira e producida por O Raio Verde, fíxose co terceiro premio da sección Tiempo de Historia.. Amplía a nova>>

29/10/2009
As regras do xogo

Era o momento oportuno para que todas as partes implicadas no sector audiovisual se sentaran a falar. Mentres en Madrid se inicia o trámite parlamentario dun texto (a Lei Xeral do Sector Audiovisual) que marcará as directrices xerais do sector nos vindeiros anos, en Galicia ábrese un novo contexto precedido por un cambio de goberno. A Academia Galega do Audiovisual citou no Consello da Cultura Galega a representantes dos partidos políticos (o do Partido Popular, Agustín Baamonde, non se presentou) a explicar a interesados e curiosos a pertinencia de contar cun novo marco normativo en Galicia.. Amplía a nova>>

28/10/2009
Dolores Ben é reelexida presidenta de Agapi

A Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) celebrou a semana pasada unha Asemblea Xeral na que os socios elixiron á súa Xunta Directiva. Dolores Ben repite como presidenta desta entidade cun equipo ao que se incorporan como vogais Emma Lustres (Vaca Films) e Isaac González (Massvisual Servizos Planos). A súa presidencia, que se estenderá ata 2011, terá un “plan de traballo centrado na promoción e difusión exterior do audiovisual galego, na investigación dos novos formatos audiovisuais no contexto dixital e nas propostas sobre o marco legal a nivel autonómico e estatal”, tal e como figura nunha nota de prensa remitida por Agapi. . Amplía a nova>>

28/10/2009
Monstros moi especiais

Ray Harryhausen quedou impresionado cando de pequeno veu no cine a un King Kong que podía andar, moverse e respirar. Aquela paixón de neno acabou por converterse na súa profesión e levouno a ser un dos especialistas en efectos especiais máis famosos da historia do cine de tal xeito que o seu traballo supera o contexto do técnico para entrar no do artista. Agora, na Coruña a Fundación Seoane permitirá dar a coñecer o traballo de Harryhausen a través de maquetas orixinais, bosquexos, fotografías, carteis e as proxeccións das súas 16 películas.. Amplía a nova>>

28/10/2009
O IGAPE concede a Dygra un préstamo que lle permite retomar a súa actividade

Non era un segredo que Dygra, a pioneira factoría de animación coruñesa, estaba atravesando un mal momento financeiro. Na primavera presentou un ERE de tres meses que afectou a metade do cadro de persoal (que levaba oito meses sen cobrar) e que paralizou os seus proxectos. A semana pasada o Consello da Xunta autorizou o IGAPE á realización dunha serie de operacións, entre as que figuraba a concesión dun crédito por importe de 3 millóns de euros. A medida permitiralle retomar o ritmo habitual de traballo e fixar un novo calendario. Así Noite de ¿paz?, o seu proxecto de animación en 3D estereoscópico, adía a súa estrea ata o Nadal de 2010, un ano despois do previsto. Á inxección económica fornecida polo IGAPE unirase, en breve, outra operación cunha entidade financeira galega.. Amplía a nova>>

28/10/2009
Os barrios de Lugo acollen un ciclo de cine de temática feminina

Onte, hoxe e mañá, A teta asustada, Osama, Princesase Conversas con mamá son os títulos que fan parte do ciclo de Cinema de Barrio que organiza o concello de Lugo. Unha iniciativa que se achegará aos diferentes centros socioculturais da Cidade da Muralla para que a cidadanía reflexione sobre a temática femenina e se cree conciencia de xénero.. Amplía a nova>>

28/10/2009
Curtas na rede clausura a súa edición máis concorrida entregando os seus premios

É un certame para amateurs, que gustan do medio audiovisual e que contan con poucos medios para contar grandes ideas. Curtas na rede chega xa á quinta edición con éxito de participación, xa que recibiu 250 traballos fronte aos pouco máis de 150 na edición anterior. O Teatro Rosalía acolleu onte a gala de clausura na que repartiron 25 premiados de 13 categorías, con galardóns que oscilan entre os 500 e os 1.500 euros. Entre os gañadores desta edición destaca Anim 01 (mellor curta experimental), O paquete de Andrés (mellor curta de ficción), Aaron (mellor curta documental) e Lelo e as estacións (mellor curta de animación). . Amplía a nova>>

26/10/2009
Cineuropa ultima unha edición que seguirá fiel ao seu formato habitual

A falta dunha semana para que comece a 23 edición do Festival de Cinema, Cineuropa, xa se coñece un avance da programación. O encontro arrincará o 4 de novembro con A cinta branca, o último de filme de Michael Haneke que gañou a Palma de Ouro en Cannes. A sección competitiva contará con 31 títulos entre os que destacan Looking for Eric, de Ken Loach; Soul Kitchen, coa que Fatih Akin obtivo o premio á mellor dirección en Venecia; Edén ao oeste, de Costa-Gavras; Un profeta, de Jacques Audiard; Le refuge, de François Ozon ou Hadewich, de Bruno Dumont. Ademais, esta edición tamén contará co regreso cinematográfico de Michael Moore, que presenta Capitalism, a love story, na que dá a súa peculiar explicación da crise financeira actual. . Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org