A Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) celebrou a semana pasada unha Asemblea Xeral na que os socios elixiron á súa Xunta Directiva. Dolores Ben repite como presidenta desta entidade cun equipo ao que se incorporan como vogais Emma Lustres (Vaca Films) e Isaac González (Massvisual Servizos Planos). A súa presidencia, que se estenderá ata 2011, terá un “plan de traballo centrado na promoción e difusión exterior do audiovisual galego, na investigación dos novos formatos audiovisuais no contexto dixital e nas propostas sobre o marco legal a nivel autonómico e estatal”, tal e como figura nunha nota de prensa remitida por Agapi.