Curtas na rede clausura a súa edición máis concorrida entregando os seus premios

O Teatro Rosalía acolleu onte a gala de entrega dos premiados

É un certame para amateurs, que gustan do medio audiovisual e que contan con poucos medios para contar grandes ideas. Curtas na rede chega xa á quinta edición con éxito de participación, xa que recibiu 250 traballos fronte aos pouco máis de 150 na edición anterior. O Teatro Rosalía acolleu onte a gala de clausura na que repartiron 25 premiados de 13 categorías, con galardóns que oscilan entre os 500 e os 1.500 euros. Entre os gañadores desta edición destaca Anim 01 (mellor curta experimental), O paquete de Andrés (mellor curta de ficción), Aaron (mellor curta documental) e Lelo e as estacións (mellor curta de animación).

Palmarés

CURTAMETRAXES - CATEGORÍA FICCIÓN
1º Premio da secretaría xeral de Emigración (1500€): O Paquete de Andrés Goteira de Meira (Lugo).
2º Premio da secretaría xeral de Emigración (1000€): Turno de Noche de Víctor Palacios, de Valencia.
3º Premio da secretaría xeral de Emigración (500€): La trampa del ratón de Juan Pedro Pérez, da Estrada (Pontevedra).

CURTAMETRAXES - CATEGORÍA EXPERIMENTAL
1º Premio da Secretaría Xeral de Medios (1500€): ANIM 01 de Juan Lesta e Belén Moreno da Coruña.
2º Premio da Secretaría Xeral de Medios (1000€): En garde! de Emiliano Cano de Madrid.
3º Premio da Secretaría Xeral de Medios (500€): Meticulosidade de Martín Vázquez Baño da Coruña

CURTAMETRAXES - CATEGORÍA DOCUMENTAL
1º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€): Aarón de Marcos Nine da Illa de Arousa
2º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1000€): Elephant de Octavio Sendoya de Guipúzcoa.
3º Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (500€): Grissinopoli, la nueva esperanza de María Pilar Reyna Muniain de Arxentina.

CURTAMETRAXES - CATEGORÍA ANIMACIÓN
1º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (1500€): Lelo e as estacións de María Becerra da Coruña
2º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (1000€): Manos jugando en el espacio de Julian Alkorta de Guipúzcoa.
3º Premio do Consello da Xuventude de Galicia (500€): Lina Plastilina de Mercedes Pimiento de Sevilla.

MICROMOVIES
Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€)
GPS de Marcos Fernández Vázquez, de Ourense.

CÁPSULAS
Premio da dirección xeral de Creación e Difusión Cultural (1500€)
Jeriatric Park de Rafael Navarro de Valencia.

MELLOR INTERPRETACIÓN FEMININA
Premio Gadisa (1500 €)
CANDIDATOS:
- Iria Pinheiro por Freud & Co (GAÑADORA)
- Mariona Tena por Ausencia de Cambio
- Ángela Palacios por La Orilla

MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA
Premio Eixo Atlántico (1500 €)
CANDIDATOS:
- Xabier Pan por Raccord do Carallo (GAÑADOR)
- Celso Callón por O Bacalhau
- Manuel Pérez por La Trampa del Ratón

MELLOR GUIÓN
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Naufragio de Flavio Pires (GAÑADOR), de Portugal.
- Freud & Co de Xabier Marqués
- Señales de Pedro Moreno

MELLOR MONTAXE
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Agua de Galder Arriaga (GAÑADOR), de Madrid.
- Green de Daniel Vázquez
- O Paquete de Andrés Goteira

MELLOR DIRECCIÓN
Premio Agadic (1500 €)
CANDIDATOS:
- Toño Chouza por Ausencia de Cambio (GAÑADOR), de Boiro.
- Andrés Goteira por O Paquete
- Alejandro Herdocia por Los Instantes Perdidos

MELLOR CURTA EN CASTELÁN
Premio Consejo de la Juventud de España (1500 €)
- Señales de Pedro Moreno, de Madrid.

MELLOR CURTA EN GALEGO
Premio Secretaría Xeral de Política Lingüística (1500 €)
- Freud & Co de Xabier Marqués, de Vilagarcía

MELLOR BITÁCORA
Premio da Secretaría Xeral de Medios
- Disparo de Nieve de Toño Chouza, de Boiro

PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CURTAMETRAXE
Premio da Secretaría Xeral de Política Lingüística
- Amor rabiscos e outras coisas, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal

PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR CÁPSULA
Premio de AGADIC
- Beach Baby, de Hugo Ricardo Sousa Ferreira de Portugal

PREMIO DO PÚBLICO Á MELLOR MICROMOVIE
Premio da Compañía R
- Game Over, de Adán Pichardo de Huelva