Dúas producións galegas no palmarés da 54 edición da Seminci

Estigmas, producida por IB Cinema, é unha das premiadas na sección oficial

Na súa segunda incursión cinematográfica (a primeira foi co documental A casa da miña avoa) Adán Aliaga acaba de conseguir un dos premios máis destacados da sección oficial da Seminci, o Pilar Miró, que recoñece o labor dos realizadores con menos experiencia no certame. Foi grazas a Estigmas (producida por IB Cinema) a adaptación cinematográfica da novel gráfica de Mattoti e Piesanti que conta a reacción dun home ao que lle saen uns estigmas nas mans. Canda este título, o documental Señora de, dirixida por Patricia Ferreira e producida por O Raio Verde, fíxose co terceiro premio da sección Tiempo de Historia.

Revista Palmarés Seminci.
Listado dos premiados na 54 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid na que hai dúas producións galegas