Novas | 2651 a 2660 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

26/10/2009
A incomunicación protagoniza a curtametraxe gañadora do certame Socialcine

O concello da Coruña puxo en marcha Socialcine09, un certame para que os cidadáns fixeran curtametraxes co obxectivo de coñecer con outro punto de vista o que acontece ao seu redor. Unha iniciativa que tivo bastante eco na sociedade e que permitiu traballos como Incomunicados, de Érica Esmorís. A curtametraxe, que amosa a historia de dúas persoas con dificultades para comunicarse, foi, ademais, a gañadora do certame dotado con 1.000 euros. Tres de azúcar, A golpes e E escondite completan o palmarés deste encontro promovido pola concellaría de Servizos Sociais.. Amplía a nova>>

26/10/2009
Máis público nas proxeccións do Festival de Cine de Ourense pero menos nas homenaxes

O público volcouse de forma irregular con esta edición do Festival de Cine de Ourense. Dunha banda, incrementou o número de asistentes as proxeccións cinematográficas (6.047 en total, que fan unha media de 756 por día); pero, da outra, foron moi poucos os presentes nas actividades paralelas e actos de homenaxe. En total 311 persoas acudiron ás actividades previstas para lembrar a figura de Norman McLaren, a Eduardo Blanco Amor e a Eloy Lozano. A concelleira nacionalista, Isabel Pérez falou de “pouca complicidade” da sociedade ourensá, aínda que o director, Enrique Nicanor, deu por cumpridos os obxectivos. Esta fin de semana coincidiu unha visita a Ourense do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro,que foi moi crítico coas cifras e recoñeceu que “non coñece a auténtica función” do festival. . Amplía a nova>>

23/10/2009
Un documental sobre o asedio a Gaza abre a VII edición do Festival Amal

Eu son Gaza é o título co que a xordana Asma Beseiso recupera as historias persoais que non trataron os medios de comunicación no últimoataque israelí sobre Gaza. Con este documental abre a VII edición do Festival Amal que se prolonga ata o 31 de outubro e repartirá premios por imoprte de 27.000 euros. En total poderanse ver unhas 36 películas que abordan o conflito palestino-israelí, o papel da muller no mundo árabe ou a inmigración.. Amplía a nova>>

22/10/2009
Quiosco: Papeis da Academia

Un artigo do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, sobre a segunda cadea da TVG, a experiencia divulgativa para público infantil de Mr Misto e un artigo de Manuel Sendón sobre as vellas salas de cine son algúns dos contidos do último número de Papeis da Academia. A publicación, que edita a Academia Galega do Audiovisual, inclúe tamén un CD (no marco da liña de traballo As musicas da Academia) que compila os traballos que Milladoiro realizou no ámbito cinematográfico (e que lle valeron no seu momento unha candidatura aos premios Goya).. Amplía a nova>>

21/10/2009
O sector audiovisual pretende aclarar o seu marco legal e administrativo no Foro Academia Aberta

Coñecer cal é a situación administrativa do sector audiovisual na Xunta de Galicia, debater se é necesario a reforma do marco legal (a lei de creación da CRTVG e a do Sector Audiovisual) e reflexionar sobre os dous modelos de cinematografía que se manteñen a día de hoxe centrará esta edición do Foro Academia Aberta. O encontro, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, desenvolverase os días 28 de outubro, 5 e 11 de novembro na sede do Consello da Cultura Galega baixo o título “As regras do xogo”. . Amplía a nova>>

19/10/2009
Unha produción galega compite na sección oficial da 54 edición da Seminici

A película de IB Cinema inspirada na banda deseñada de Lorenzo Matoti, Estigmas é a produción galega que están na sección oficial da 54 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid, a Seminci, na categoría de longametraxe. Non é o único títulos galegos xa que na sección paralela “Punto de encontro” hai dúas curtas galegas: o vigués Alejandro Marzoa presentará Padre modelo e Nancho Novo Eles teñen que xogar. Na sección "Punto de historia" proxectaráse o documental Señora de, dirixido por Patricia Ferreira e producido polo Raio Verde. Ademais, no apartado dedicado ao cinema español estará Os xirasois cegos e Eloxio da distancia.. Amplía a nova>>

19/10/2009
Cine con personalidade

Unha produción peculiar, con 100.000 euros de orzamento, rodada en Mini-DV e cun reparto de actores descoñecidos. Este é o perfil de Pescuit Sportiv (Hooked), dirixida por Adrian Sitaru, a película rumana que se fixo coa Gran Calpurnia (18.000 euros), o galardón estrela do palmarés da XIV edición do Festival de Cine de Ourense. Un premio que pon o broche de ouro a un festival que este ano fixo un alegato da creatividade.. Amplía a nova>>

16/10/2009
O Festival de Ourense analiza a fórmula do financiamento rexional da produción audiovisual

Gabriel Röthemeyer é a responsable do Fondo Rexional Audiovisual do Lander Baden-Württemberg (MFG), unha iniciativa xurdida en 1995 e que cada ano destina 15 millóns de euros ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Ten de peculiar que é un exempo de asesoramento da escena cinematográfica local na Alemaña grazas ao apoio do estado de Baden-Württemberg e a cadea local de accionistas SWR. Röthemeyer explicou onte, no marco das conferencias destinadas a profesionais do Festival de Cine de Ourense, os criterios que seguen para elexir os seus proxectos: a rendibilidade comercial, a calidade do proxecto e a conexión cultural. Coproducións con outras zonas próximas (Alsacia, Suiza e Austria), fomento dos profesionais formados na Escola de Cine de Ludwigsburg (atraendo produtoras como TeamWorx e Peter Rommel Productions), o programa First Film para financiar óperas primas con potencial internacional e o Festival de Ludwigsburg/Stuttgart centrado no cine europeo, son algunhas das iniciativas elaboradas con cargo a este fondo.. Amplía a nova>>

15/10/2009
Unha proxección e un coloquio lembran a Blanco Amor no Festival de Cine de Ourense

Tralas homenaxes a Norman McLaren e a Eloy Lozano, agora chégalle o momento a Eduardo Blanco Amor. O Festival de Cine de Ourense dedícalle ao escritor ourensá a sesión de hoxe cunha mesa coloquio e coa proxección da adaptación cinematográfica que no 1977 fixo Gonzalo Suárez (protagonizado por Fernando Fernán Gómez, José Sacristán e Charo López). Estas dúas actividades serven, ademais, para festexar que se cumpren 50 anos da publicación da novela A esmorga. . Amplía a nova>>

15/10/2009
Música en curto

Curtocircuíto fai unha parada nas proxeccións oficiais para ofrecer unha ampla escolma dos mellores videoclips musicais. Depeche Mode, R.E.M, U2, Coldplay, Radiohead... son algúns dos grupos achegarán a música intenacional ao CGAC. Canda esta proposta, haberá outra selección das mellores curtas de animación de Irlanda, o país convidado.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org