14/10/2009
Pílulas irlandesas
O CGAG acolle hoxe (18:00 horas) a proxección dunha escolma das mellores curtas chegadas desde Irlanda, o país convidado desta edición de Curtocircuíto. Canda a isto, hoxe tamén haberá ración dobre das producións internacionais xunto cunha nova entrega das curtas experimentais. Os trailers e avances das producións que poderás ver están aquí, en Culturagalega.org.
Amplía a nova>>
14/10/2009
O Festival de Cine de Ourense entrega os premios aos escolares
Era una medida para incentivar a creatividade no ensino e no traballo en equipo co audiovisual polo medio. E a acollida non puido ser mellor. Centenares de escolares enchían onte o auditorio de Ourense, no marco dunha das actividades organizadas polo seu Festival de Cine. O
I Ouff na Escola concedeu os seus primeiros premios aos traballos
Festival das Letras Galegas do CEIP Mestre Valverde e
Malos Tempos do IES Alfoz Valadouro. O festival continúa hoxe co habitual ritmo de exhibicións e coa masterclasss sobre
como Producir documentais internacionais a cargo da produtora e directora Linse Lense Móller (Francia), quen tamén presentou o seu documental
Birmania VJ..
Amplía a nova>>
14/10/2009
A G2 elimina da súa programación as emisións sen subtítulos
Despois de varias críticas por emitir na G2 (a segunda canle da CRTVG) series en versión orixinal sen subtítulos(
A Xuíza Amy) a Televisión de Galicia acaba de eliminar eses contidos da súa grella de programación. A súa emisión fixo que Apradoga, asociación profesional dos dobradores galegos, solicitase unha xuntanza cos responsables da CRTVG para coñecer a política que se pretende seguir no eido da dobraxe, e que terá lugar este venres 16. Ademais, esta entidade pretende analizar a situación da dobraxe en galego con catro mesas redondas que terán lugar o 31 de outubro, e coas que Apradoga celebrará os 25 anos da dobraxe en Galicia..
Amplía a nova>>
13/10/2009
Curtas, de mercado
A piques de entrar no ecuador do festival, Curtocircuito presenta para hoxe un programa cargado de curtas para grandes (
Programa canalla), pequenos (
Público novo 11-14 anos), de aquí (
España 3) ou de fóra (
Internacional 5). Un panorama expositivo que se completa co inicio das actividades paralelas: o mercado de curtametraxes (nas instalacións do CGAC) e das masterclass (na facultade de xornalismo). Culturagalega.org ofreceche tes os trailers dalgúns dos traballos que poderás ver hoxe. ¡Para abrir boca! .
Amplía a nova>>
13/10/2009
O Festival de Cine de Ourense lembra a Eloy Lozano
Foi o primeiro director do Festival de Cine de Ourense, pero tamén o seu impulsor e un dos realizadores máis comprometidos que ten o audiovisual galego. O traballo de Eloy Lozano (Ourense, 1953- Santiago, 2009) volve ao festival ourensá no marco da homenaxe que os organizadores quixeron renderlle. Hoxe proxectaranse dous dos seus documentais (
Negra sombra e
Quen son) e os seus amigos subirán ao escenario para lembrar o seu legado e a súa figura..
Amplía a nova>>
12/10/2009
Un festivo de cine (breve)
As curtas máis longas abren a terceira xornada do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago. Detrás delas, tres novos bloques de proxeccións nos que poderás ver o mellor das curtametraxes feitas en España e no estranxeiro. Canda elas,
Explora na que se escollen os mellores traballos experimentais e de innovación, sen ter en conta a súa nacionalidade. Adiántate en Culturagalega.org!.
Amplía a nova>>
11/10/2009
Domingo curto
Cunha ecolma dos videoclips galegos que pasaron polo Festival de Cans (CGA, 18:00 horas) comeza o segundo día de Curtocircuito. Un domingo para ver traballos chegados desde outros países (hai dous bloques da sección internacional) e desde o resto do Estado. Consulta aquí un avance dos traballos que se exhiben e programa a túa axenda. .
Amplía a nova>>
10/10/2009
Arrinca Curtocircuito 09
Comeza a VI edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, ou o que é o mesmo, Curtocircuito 09!. O encontro comeza o sábado ás 20:30 horas no Teatro Principal coa primeira escolma de curtametraxes galegas e internacionais. Culturagalega.org peneirou na rede para buscar trailers, teasers, making of das curtas seleccionadas para que vaias abrindo boca. .
Amplía a nova>>
09/10/2009
Curtocircuito contará cun mercado para promover as curtametraxes
Non só proxección de curtas, senón tamén un lugar de encontro ao que os produtores e realizadores poidan dalas a coñecer e vender. Este é o mercado de Curtocircuíto, unha das actividades paralelas do festival e que se desenvolve do 13 ao 17 de outubro. Nel poderanse ver un catálogo de 2.552 traballos procedentes de 94 paises que estará a disposición de prensa e profesionais que se acheguen polo CGAC, onde se sitúa a sede do mercado. Nesta ocasión, Culturagalega.org ofrecerache diariamente un avance dun dos festivais de curtametraxes máis importantes de Galicia. .
Amplía a nova>>
08/10/2009
Os profesionais do sector audiovisual inician unha campaña contra o anteproxecto da Lei Xeral de Comunicación
Por ir contra da lexislación europea e, ao mesmo tempo, por supor un agravio para as pequenas produtoras que ofrecen puntos de vista singulares e fóra dos grandes grupos empresariais. A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, presidida por Vicente Montoto, acaba de iniciar unha campaña para pedirlle ao Executivo que modifique o seu anteproxecto de Lei Xeral da Comunicación Audiovisual para que os operadores de televisión estean obrigados a destinar o 5% dos seus ingresos á financiación de longametraxes, películas para televisión e documentais en calquera lingua oficial do Estado. Para iso, habilitaron un sitio web no que todo o mundo poida adscribirse. .
Amplía a nova>>