Novas | 2671 a 2680 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

08/10/2009
Ouff, no límite

Paixóns e conflitos humáns. Sexo explícito e violencia cruenta narrada desde o extremo. A última edición do Festival de Cine de Ourense é a máis arriscadas de todas cantas levas ata o momento. No marco da “Sección nos límites” achegaranse filmes de temáticas e narrativas que están no límite moralmente permitido. Pero non é a única fronteira neste festival que cumpre 14 edicións e comeza o sábado.. Amplía a nova>>

06/10/2009
Curtocircuíto desafía á crise e incrementa a contía dos seus premios

Con só seis edicións, Curtocuíto ten cifras de gran festival. Este ano recibiu 2.522 curtametraxes de 93 países diferentes, das que 223 pasaron a conformar a programación da “semana grande”, que terá lugar do 10 ao 17 de outubro en diferentes escenarios de Santiago. A sección oficial competitiva incrementa este ano a contía dos seus premios e repartirá 19.600 euros entre todas as categorías. Ademais, o festival contará cunha nova edición do mercado de curtas, a exposición Cinema In Out, un obradoiro documental, masterclasses e o programa especial do país invitado, Irlanda. Entre as novidades deste ano, destacaba que haberá que pagar entrada (2 euros, con prezo reducido para menores de vintecinco anos e xubilados).. Amplía a nova>>

06/10/2009
Unha delegación acode a MIPCOM de Cannes para darlle visibilidade ao audiovisual galego

Estes días celébrase en Cannes o MIPCOM, o mercado da televisión máis importante do ámbito europeo. Alí está presente unha delegación de empresas galegas (Abano Producións, Continental, R, Adivina Producciones, Isabella Audiovisual, Interacción, Setemedia, Milou Films, Filmanova, Filmax, Enxebre Entertainment, Perro Verde Films, Voz Audiovisual, Xamalú Filmes, Ficción Producciones e Dygra Films) con medio centenar de entrevistas concertadas co obxectivo de facer negocios. É a terceira vez que acode no marco do traballo do Clúster Audiovisual Galego e baixo a marca Galicia Audiovisual. . Amplía a nova>>

06/10/2009
Comeza unha nova edición de Cinecidade, que este ano se centra nas mulleres

A vida nalgunhas cidades non é igual para homes que para mulleres. Amosar como é esa vida urbana baixo a influencia de diferentes réximes políticos e culturais é o obxectivo dun novo Cinecidade, o ciclo de cine organizado pola delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia. O ciclo arranca hoxe coa proxección de Persépolis (Aula de Cultura de Caixa Galicia, 20:00 horas), a adaptación cinematográfica da banda deseñada homónima. Por diante quedan tres días nos que se proxectarán en versión orixinal subtitulada títulos como Na cidade de Silvia, Lost in traslation ou A cidade está tranquila.. Amplía a nova>>

02/10/2009
Os conflictos sociais centran a VII edición do Festival de Cine Euroárabe Amal

Naceu coa necesidade de aproximar ao público a realidade social e cultural do mundo árabe, e agora é unha das referencias desta temática en toda a península. Amal celebra este ano a sétima edición que se presenta como a máis completa (polo número de actividades complementarias) e a máis social (en canto á temática). En total haberá 36 películas a competición que segundo Eduardo Galán, membro do xurado, “son películas que falan dos sentimentos, das emoción, son virulantemente comprometidas pero non violentas, tendo en conta no contexto de violencia xeral na que se ambientan”. Nesta liña, o director do festival, Ghaleb Jaber, explicou que moitos dos títulos que se proxectan tiveron qeu saír do seu país de forma clandestina.. Amplía a nova>>

02/10/2009
O secretario xeral de Medios afirma que recibirán axudas todos os festivais de cine que o soliciten

A política de axudas a festivais, mostras e xornadas audiovisuais xa non se desenvolverá a través dunha convocatoria pública de concorrencia competitiva tal e como se fixo nos últimos anos. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, explicou hoxe no marco da presentación da VII edición do Festival Amal, que “a Xunta apoia a todos os festivais que solicitaron axuda”. Agora ben, o secretario xeral apuntou que “non son sempre as cantidades que nos gustarían” ante a situación de crise económica. En todo caso, Cabaleiro apuntou que a Xunta desenvolverá unha liña de apoio firme e decidido ao sector audiovisual.. Amplía a nova>>

01/10/2009
Michael Chanan dirixirá un obradoiro que permitirá facer documentais sobre Santiago

É documentalista, profesor universitario, crítico musical e dirixiu máis dunha ducia de documentais e agora ensinará aos creadores galegos a facer curtametraxes documentais. Michael Chanan é o encargado de impartir o obradoiro de creación que se imparte no marco de actividades de curtocircuíto. O prazo de inscrición estará aberto ata o 6 de outubro e os seleccionados realizarán pezas documentais de 3 minutos de duración que versará sobre a cidade de Santiago e os seus habitantes. Os traballos resultantes exhibiranse na Gala Oficial de Clausura do festival que terá lugar o 17 de outubro.. Amplía a nova>>

01/10/2009
Comeza a rodaxe de O camiño, a película dirixida por Emilio Estévez

Saint Jean Pied de Port é a localidade francesa na que comeza o Camiño Francés. Para moitos está considerada como a etapa prólogo anterior a Roncesvalles. Nela arrincou o luns a rodaxe da última película de Emilio Estévez, na que tamén actúa xunto co seu pai Martin Sheen, Deborah Kara Unger, Ángela Molina e o galego Carlos Leal. Chámase O Camiño e conta a historia dun oculista californiano que acode a Francia a buscar as cinzas do seu fillo. Unha vez alí descobre que estaba a preparar o Camiño de Santiago e decide facelo por el. A produción foi promovida polo Consorcio Audiovisual de Galicia aproveitando a ascendencia galega de Martin Sheen. A rodaxe terá lugar ata o vindeiro 13 de novembro.. Amplía a nova>>

30/09/2009
Unha produtora galega prepara a serie que será a aposta da vindeira temporada de TVE

A gran aposta de TVE para as noites da vindeira temporada chámase Gran Reserva. Unha serie sobre o mundo do viño que se está a rodar en La Rioxa e que se centra nos conflitos entre dúas familias de bodegueiros. Producida pola empresa galega Bambú Producciones (dirixida por Ramón Campos, que foi produtor executivo de Voz Audiovisual), conta no seu reparto con actores como Emilio Gutiérrez Caba, Tristán Ulloa, a galega Ledicia Sola, ou Paula Echevarría. Gran reserva combina melodrama, thriller e cluedo xa que unha das tramas pretende descubrir quen é o responsable dun intento de asasinato. Nani García é o autor da banda sonora dunha serie que conta cun amplo equipo técnico galego.. Amplía a nova>>

30/09/2009
A CRTVG reduce os seus gastos en 10 millóns de euros

Gastos de explotación e gastos de capital. Estas son as partidas nas que a CRTVG acometeu reducións neste segundo semestre para facer fronte á caída dos ingresos publicitarios. O recorte supuxo 10.5 millóns de euros que lle permite reorganizar o seu orzamento anual para cumprir coas contías prevista. Iso sí, segundo o director xeral, Alfonso Sánchez Izquierdo, non afectará aos criterios de calidade e competencia. Sánchez Izquierdo acudiu á comisión de control da CRTVG a presentar o Informe sobre a Xestión de Servizo Público da CRTVG e as Sociedades Dependentes, é dicir, o desglose das liñas de actución desenvolvidas no 2008 para cumprir coa misión de servizo público.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org