A gran aposta de TVE para as noites da vindeira temporada chámase Gran Reserva. Unha serie sobre o mundo do viño que se está a rodar en La Rioxa e que se centra nos conflitos entre dúas familias de bodegueiros. Producida pola empresa galega Bambú Producciones (dirixida por Ramón Campos, que foi produtor executivo de Voz Audiovisual), conta no seu reparto con actores como Emilio Gutiérrez Caba, Tristán Ulloa, a galega Ledicia Sola, ou Paula EchevarrÃa. Gran reserva combina melodrama, thriller e cluedo xa que unha das tramas pretende descubrir quen é o responsable dun intento de asasinato. Nani GarcÃa é o autor da banda sonora dunha serie que conta cun amplo equipo técnico galego.