O concello da Coruña puxo en marcha Socialcine09, un certame para que os cidadáns fixeran curtametraxes co obxectivo de coñecer con outro punto de vista o que acontece ao seu redor. Unha iniciativa que tivo bastante eco na sociedade e que permitiu traballos como Incomunicados, de Érica EsmorÃs. A curtametraxe, que amosa a historia de dúas persoas con dificultades para comunicarse, foi, ademais, a gañadora do certame dotado con 1.000 euros. Tres de azúcar, A golpes e E escondite completan o palmarés deste encontro promovido pola concellarÃa de Servizos Sociais.