Novas | 2631 a 2640 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

08/11/2009
Primeira oportunidade para ver Youth without youth de Francis Ford Coppola

O thiller dramático con toques de fantasía, Youth without youth, dirixido por Francis Ford Coppola chega hoxe á carteleira de Cineuropa. Canda el, un documental sobre a escola María Soliña fundada por unha canguesa (Os nenos de María Soliña, a vida dun produtor de Hollywood interpretado por Robert de Niro (What just happened?) ou a "adaptación" do proceso de creación da novela de Jack Kerouac Big Sur (One fast move or I´m gone: Keourac Big Sur). Ademais, hoxe é a última oportunidade para ver Frozen river, Axes of the time redux (dirixida por Wong Kar Wai), Secret sunschine e Fais moi paisir (de Emmanuel Mouret). (Entra na nova para ver os trailers). Amplía a nova>>

07/11/2009
Os matrimonios amañados e as top models protagonizan a sesión de hoxe de Cineuropa

A relixión como salvación (Secret Sunshine); as ansias de liberdade de Tulpan, que se nega a casar un pastor que acaba de regresar da armada (Tulpan); a curiosa e surrealista aposta da filla de David Lynch, Jennifer (Surveillance) e a historia dunha moza somalí que se acaba convertendo en top model (Desert Flower) son algunhas da historias que se contan na programación de hoxe de Cineuropa. Iso si, sen esquecer o ciclo sobre os Beatles que tamén te sesións programadas.. Amplía a nova>>

06/11/2009
The Beatles chegan a Cineuropa nunha escolma de filmes seleccionados por Camilo Franco

Unha selección de filmes inspirados nos Beatles aterran hoxe en Cineuropa. A primeira visita do cuarteto aos Estados Unidos e os filmes a partir da súas cancións Liverpool e A Hard Day’s Night son algúns dos que se poderán ver nesta sección elaborada polo xornalista e crítico Camilo Franco. Ademais, un filme baseado en Jack Kerouac e a súa novela “Big sur” , a dramática historia de Shin-ae trala morte do seu marido (Secret Sunshine) fan parte da axenda de hoxe que se reparte entre o Salón Teatro, Teatro Principal e a Aula de Cultura de Caixa Galicia.. Amplía a nova>>

05/11/2009
Emilio Estévez e Martin Sheen chegan a Santiago coa súa rodaxe sobre o Camiño

“Viñen en xullo para ver detalles da película, en agosto mantivemos unha reunión con Julio Fernández e en setembro comezou a rodaxe, cando todo o mundo me decía que era o peor momento para facelo pero aínda así só tivemos dos dúas de chuvia” así de claro foi Emilio Estévez na presentación da rodaxe de The Way, un filme que conta un drama familiar co Camiño de Santiago como telón de fondo. Emilio Estévez escribiu o guión para o seu pai (Martin Sheen, tamén actor e produtor) e que tivo que “maquillar” para que a igrexa lle permitira rodar no interior da catedral. Ao final, o arcebispado accedeu porque, segundo Estévez “comprenderon que era unha película que pretendía retratar os sentimentos e as emocións dos peregrinos”.. Amplía a nova>>

05/11/2009
Cineuropa estrea hoxe as últimas películas de Wong Kar-Wai, Soderberg e François Ozon

O filme máis controvertido desta edición do festival de Cannes, Serbis chega hoxe a Cineuropa. Canda el, o último título de Wong Kar-Wai (Dung che sai duk), Soderberg (The girlfriend experience) ou François Ozon (Ricky) desfilan hoxe pola programación no seu primeiro pase. Ademais, na carteleira tamén destaca A muller sin piano, o filme do español Javier Rebollo que narra un día na vida doméstica, laboral e sexual dunha ama de casa protagonizada por Carmen Machi.. Amplía a nova>>

04/11/2009
Os conflitos sociais regresan a Compostela da man de Cineuropa

Os problemas de dous indocumentados en Los Ángeles (Os bastardos), a desintegración dunha familia xaponesa pola perda do emprego (Tokyo Sonata), un estraño ritual en forma de castigo (A cinta branca)... Son algunhas das historias que amosan as películas da xornada inaugural de Cineuropa. Culturagalega.org busca na rede para ofrecerche diariamente os trailers dos títulos que poderás ver no marco deste festival. . Amplía a nova>>

04/11/2009
A cita ineludible

160 títulos, dos que máis dun centenar son estreas e 18 son premiere en España. Ademais, un público entregado (que vai en aumento) que fai colas para conseguir unha entrada. Estes son algúns dos sinais de identidade dun certame que cumpre 23 edicións fiel ao mes de novembro santiagués e á fórmula de “festival de festivais” que fai o seu director, José Luis Losa. ¿Será Cineuropa o gran festival de cine que necesita Galicia?. Amplía a nova>>

03/11/2009
Andaina promove un festival de cine feito por mulleres

Existe unha carencia de mulleres directoras. Segundo os datos de CIMA, Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais, o 8% das películas que se producen no Estado están feitas por mulleres. Para tentar modificar esa situación, a Asociación Andiana organizao MUFEST, o I Festival de Cine feito por Mulleres, que se celebrará no Auditorio de Galicia os días 20, 21 e 22 de novembro. O encontro conta tamén cun certame, no que as mulleres interesadas poden enviar os seus traballos (en DVD antes do 15 de novembro). Alí, autoras, produtoras, guionistas… compartirán as súas experiencias no mundo audiovisual.. Amplía a nova>>

03/11/2009
As empresas galegas debaten en Madrid as melloras tecnolóxicas aplicada ao sector audiovisual

Perfeccionamento do HD, unha mellor compresión para ser difundidos os contidos por internet con boa calidade, o 3D esteroscópico para cine... este son algúns dos contidos que se falarán Salón Profesional Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, BROADCAST'09 que se celebra desde hoxe en Madrid. Alí estará unha delegación de empresas galegas baixo o paraugas do Clúster Audiovisual Galego (CAG). De feito, o CAG compartirá espazo cos clúster que existen no Estado cos que teñen previstas outras actividades. Unha xuntanza de contacto para buscar estratexias de colaboración empresarial, así como unha reunión para avanzar na elaboración dun Plan de Innovación para o sector audiovisual español.. Amplía a nova>>

02/11/2009
O filme de Michael Haneke, A cinta branca, abre a XXIII edición de Cineuropa

As películas do festival de Cannes, da Seminci.. e todas aquelas que nunca chegarán as carteleiras de Galicia. Cineuropa é, en palabras do seu director, Jose Luis Losa, un “festival de festivais” pero tamén o encontro que permite contemplar o que se está facer noutras cinematografías. O festival comezará o vindeiro mércores con A cinta branca de Michael Haneke, ao que seguirán 160 filmes, dos que un centenar serán estreas. Cineuropa continuará coa súa fórmula habitual, na que o público selecciona os mellores traballos da sección oficial. Canda ela, retrospectivas (Arnaud Despechin e Claire Denis), maratón, película sorpresa e os premios Cineuropa que este ano renden homenaxe a Fernando Trueba e a Mabel Rivera. Entre as novidades, haberá unha festa na Sala Capitol o día 11 que complementa a sección doc-music.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org