13/11/2009
A última produción de Takeshi Kitano chega a Cineuropa
Un documental sobre os roubos menores en Bogotá (
Bagatela), unha crónica do punk rock (
Who Killed Nancy?), un filme no que Maina De Van continúa na súa liña de traballo e nesta ocasión filma a automutilación non apta para todos os públicos (
Dans ma peau). Son algunhas das opcións de hoxe de Cineuropa, o festival internacional de Santiago. (Entra na nova para ver os trailers das películas programadas para hoxe)..
Amplía a nova>>
12/11/2009
O CGAI abrirá ao público 5.000 películas coa creación dunha mediateca
O Centro Galego de Artes da Imaxe abrirá ao público en decembro a “Mediateca Jose Luis Cabo”, en homenaxe ao que fora o director da institución finado hai dous meses. Trátase de por a disposición de investigadores e usuarios unha colección de 5.000 titulos entre producións galegas e estranxeiras, así como os fondos do NO-DO cedidos ao CGAI “grazas as xestións do anterior ministro de Cultura, César Antonio Molina” apuntou Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios. A filmoteca contará con catro postos de visionado, situados ao lado da biblioteca do centro. Entre os retos de futuro desta institución, tal e como apuntou Cabaleiro, está “o de estender as súas actividades a outras cidades de Galicia”..
Amplía a nova>>
12/11/2009
Un cambio tranquilo
“Non importa tanto onde están as competencias na materia senón por que, para que e con que obxectivos” apuntou Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Medios, ante un expectante auditorio que esperaba ter sobre a mesa a estrutura orgánica da Xunta no que ao sector audiovisual se refire. Non o fixo pero explicou os motivos polos que non debe ser un cambio precipitado. No entanto, deixou ben claro que “o importante é que a actividade do sector non se paralice”. .
Amplía a nova>>
12/11/2009
Vicente Aranda presenta Luna caliente no marco de Cineuropa
El andamio é un filme que conta a precariedade laboral dun home na españa dos anos cincuenta. A súa temática fixo que fora censurada durante todos estes anos, ata que un colectivo decidiu recuperala e facer un documental (
50 años en el andamio) sobre a súa historia. Os dous títulos chegan hoxe a Cineuropa, nunha xornada na que Vicente Aranda presenta o seu último filme,
Luna caliente e na homenaxe a Ryuichi Sakamoto proxectarase o filme de Bernardo Bertolucci
O ceo protector. (Entra na nova para ver os trailers das películas de hoxe).
Amplía a nova>>
11/11/2009
Os fondos do NO-DO cedidos ao CGAI poderán consultarse a partir de decembro
Son imaxes de Galicia entre os anos corenta e setenta que ofrecen imaxes de actos sociais, estampas da época e acontecementos históricos de diversa índole. En total trinta horas do NO-DO (cedidas hai dous anos pola Filmoteca Nacional) que se poderán consultar a partir de decembro no Centro Galego de Artes da Imaxe. Así o anunciaron o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o director da institución, Guillermo Escrigas na presentación da programación para os vindeiros meses. Un ciclo de dedicado ao Xacobeo, dúas exposicións fotográficas (unha en homenaxe ao que fora director do CGAI, Jose Luis Cabo) e proxeccións para todas as idades son algunhas das novidades presentadas. .
Amplía a nova>>
11/11/2009
Sete grupos reinterpretan o legado musical dos Beatles
The Beatles: Re-Volver é o concerto co que Cineuropa celebra hoxe a súa especial homenaxe aos Beatles. Presentado polo xornalista Camilo Franco, a sala Capitol acolle un concerto no que sete grupos galegos reinterpretan o legado musical do grupo británico. Hoxe hai tamén outra homenaxe especial na programación, a que abre os ciclo dedicado aos novos cineastas emerxentes galegos. Na sesión desta tarde proxectaranse no Teatro Principal catro curtametraxes asinadas por Ángel Santos Touza. .
Amplía a nova>>
10/11/2009
Un filme analiza a transición en Galicia a través dunha reporteira gráfica dos anos 70
Llorenç Soler e Jorge Algora presentan hoxe en Cineuropa un filme que analiza os movimentos e cambios nos anos da transición á democracia en Galicia. Fano a través de Anna Turbau, unha reporteira gráfica que estivo en Galicia durante a metade dos anos setenta. Ao seu remate, haberá un debate no que Xan María Castro, Camilo Nogueira, Luis Pasín e Encarna Otero ofrecerán a súa visións de como se viviu ese momento no noso país. Canda esta actividade, poderase ver o último traballo de Michael Moore, no que pon no punto de mira o sistema financeiro actual. Ademais, hoxe Cineuropa programa
The housemaid, unha película coreana dos anos sesenta cun estimo moisemellante ao do cineasta español Luis Buñuel, ata tal punto que o crítico Jean Michel Frodon chegou a dicir “así que Luís Buñuel tiña un irmán coreano!”..
Amplía a nova>>
09/11/2009
A área de Santiago inicia o Plan de Acendido á TDT
Con tecnoloxía integramente galega, con equipos e instalacións a cargo de empresas da comunidade e con 2.400.000 euros, 44 concellos da Área de Santiago despedirán a televisión analóxica nas vindeiras semanas. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, avanzou hoxe o inicio do Plan de Acendido á TDT que se adiara por mor, entre outras circunstancias, do cambio de goberno. A Secretaría Xeral de Medios da Xunta iniciou tamén nestes meses os contactos co Ministerio de Industria para establecer un novo calendario de apagón analóxico. Entre as medidas acordadas, está o establecemento da TDT por satélite, con vistas a cubrir aquelas zonas ás que non cheguen as emisións polo procedemento normal. Ademais, segundo figura nunha nota de prensa “a Xunta mantén o prazo da primeira quincena de xaneiro para os apagamentos analóxicos da Fase I (Ourense Leste e Santiago) e gran parte da Fase II (Ares-Meda), mentres que para o 3 de abril estará todo rematado coa finalización do resto da Fase II e a Fase III (Páramo-Domaio)”..
Amplía a nova>>
09/11/2009
As regras do xogo (II)
A discusión era importante porque, ademais de que condicionará o emprego de numerosas produtoras, determinará a oferta de películas (cine, televisión e outros dispositivos) que os espectadores poderán ver nos vindeiros anos. Falamos do novo marco xurídico no que se move a industria de contidos que foi o segundo debate no marco do “Foro Academia Aberta” que se celebrou a semana pasada no Consello da Cultura Galega. .
Amplía a nova>>
09/11/2009
Michael Moore analiza as consecuencias do capitalismo no seu último filme
Despois de analizar a venda de armas e os atentados do 11-S, Michael Moore volve pór o punto de mira nun tema de candente actualidade: a crise financeira. Fiel ao seu particular estilo documental, esta noite aterra en Cineuropa, unha análise ao sistema capitalista nos Estados Unidos e no Mundo durante transición entre Bush e Obama. Canda el, están as peripecias de Mathias, ao que lle aparece unha cabeza na súa maleta cando regresa a Francia; as historias de Erik e Phillip, dous escritores con desigual sorte (
Reprise) ou o último pase de
La sentinelle (Arnaud Desplechin) e
The girlfriend experience (Steven Soderberg). (Entra na nova para ver os trailers).
Amplía a nova>>