Novas | 2611 a 2620 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

19/11/2009
A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios Mestre Mateo 2009

Son os premios máis importantes do audiovisual galego e recoñece a produción feita no noso país durante o ano 2009. A Academia Galega do Audiovisual acaba de convocar unha nova edición deste certame que non presenta novidades con respecto á doutros anos. Longametraxes, películas, series e programas para televisión, documentais, curtametraxes de ficción e animación, obras experimentais, obras publicitarias e obras interactivas así como os profesionais que participen nestas producións –agás nas curtametraxes, obras experimentais, publicitarias e interactivas- poden presentarse a estes premios. O prazo de recepción de candidaturas remata o 16 de decembro, co qeu se abre o prazo de alegacións, votacións ata a gala final que terá lugar nos meses de abril ou maio.. Amplía a nova>>

19/11/2009
Fernando Trueba recolle hoxe o seu premio Cineuropa

O seu último filme, O baile da victoria, representara á España nesta edición dos Óscars. É o último traballo dunha longa traxectoria na que hai titulos como Belle Epoque (co que conseguíu un Óscar), O milagre de Candeal ou A nena dos teus ollos. Foi presidente da Academia Española de Cinematografía é un dos cineastas máis reputados de España. Fernando Trueba estará esta noite en Santiago para recoller o Premio Cineuropa 2009 e presentarnos o seu último filme que chega ás carteleiras o vindeiro venres. . Amplía a nova>>

18/11/2009
O Tribunal Supremo pecha as únicas salas de cine de Ourense

Aínda que se prevé que sexa de maneira temporal, Ourense non a día de hoxe ningunha sala de cine. O Tribunal Superior de Xustiza acaba de revogar a licenza de apertura dos Cinebox e instou ao peche.A sentenza establece que as instalacións deberán permanecer pechadas mentres non se acrediten que cumpren coa normativa de seguridade e accesibilidade. Segundo publica, La Región, o concello aprobará en breve unha nova licenza pero mentres tanto, a cidade non conta con oferta cinematográfica. O cinebox que conta con oito salas é a única empresa de exhibición que hai na cidade das Burgas. . Amplía a nova>>

18/11/2009
Cineuropa presenta hoxe o documental de Patricia Ferreira premiado na Seminci

Señora de é o último traballo de Patricia Ferreira (Sei quen es, O alquimista impaciente). Un documental no amosa os testemuños de varias xeracións de mulleres de diferentes clases sociais e con diferentes tipos de educación que falan por primeira vez do que foi a súa vida, e que constituían a vida das mulleres na Galicia e na España recente. O traballo, premiado na sección Tempo de historia da Seminci, chega hoxe a Cineuropa, canda o último pase de The Agony and the Ecstasy of Phil Spector, Esther khan, Un prophete e Bagatela.. Amplía a nova>>

17/11/2009
As historias da democracia chegan hoxe a Cineuropa

A oferta de hoxe en Cineuropa presenta un claro arrecendo histórico. En AMILYSTRIP comprobarase a psicoloxía dun país marcado polo catolicismo e a Guerra Civil a través da ollada dunha familia. Unha temática que se repite coa proxecicón de O andamio e 50 anos no andamio, sobre o filme censurado no franquismo. Ademais, última oportunidade para ver Aquiles e a tartaruga de Takeshi Kitano.. Amplía a nova>>

16/11/2009
O Consello Asesor das Telecomunicacións retoma a actividade despois de catro anos

A transición cara a tecnoloxía dixital, os cambios no marco normativo estatal (está en debate no Parlamento a futura Lei Xeral do Audiovisual) e o futuro no ámbito local, son algúns dos temas que ha de abordar o Consello Asesor das Telecomunicacións e do Audiovisual. Despois de catro anos sen se reunir, os seus membros xuntáronse hoxe e acordaron, tal e como publica A nosa Terra, convocar un concurso público para a adxudicación das licenzas de radio dixital terrestre (que xa foran convocadas nun concurso que revogou o bipartito). Entre os cometidos deste organismo, está asesorar o Goberno en materia de telecomunicacións e audiovisual.. Amplía a nova>>

16/11/2009
Unha fundación divulgará o legado do cineasta Carlos Velo

Carlos Velo (Cartelle, 1909- México, 1988) é un dos pais do documentalismo cinematográfico español e un referente indiscutible en México e Galicia. Hoxe cúmprense cen anos do seu nacemento e o seu concello natal ultima unha fundación para promover a súa figura. A sede estará na casa familiar do cineasta e tería como presidenta á neta de Velo, Laura. Ademais, a Secretaría Xeral de Medios tamén promoverá a súa figura cunha fotobiografía (a inaugurar en decembro), con material gráfico e documental procedente con fondos do arquivo persoal do cineasta. . Amplía a nova>>

16/11/2009
VOD (versión orixinal descoñecida)

O cinema é un dos puntos fortes da axenda cultural dos concellos galegos (con independencia do seu tamaño) tanto por parte de entidades públicas como privadas. Pero, segundo un seguimento feito por Culturagalega.org, esa oferta cultural presta pouca atención á lingua na que se ofrecen esas producións. De 858 proxeccións contabilizadas, as entidades que a programan non ofrecen ningunha indicación de idioma en 357, e cando o fan o galego sae mal parado. Desde xuño do 2008 e ata o 6 de novembro de 2009, das citas audiovisuais publicadas na axenda do portal emitironse 255 filmes subtitulados en castelán, e só 57 en galego. Con respecto á dobraxe, das 86 producións emitidas en castelán só houbo 5 dobradas ao galego. . Amplía a nova>>

14/11/2009
Os lazos familiares protagonizan a xornada de hoxe de Cineuropa

Unha nova xornada de proxección de Cineuropa para este sábado. As visitas familiares (Tres días coa familia, Quelque chose à te dire e City Island), un documental sobre Roman POlanski (Wanted and Desired) canda a última produción de Takeshi Kitano.. Amplía a nova>>

13/11/2009
Sánchez Izquierdo é o novo presidente da federación que grupa as televisións autonómicas

Desde onte, o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, é o novo presidente da FORTA -Federación de Organismos o Entidades de Radio e Televisión Autonómicos. Un cargo que ocupará nos vindeiros seis meses e que liderará nun momento delicado para as televisións autonómicas, tendo en conta que está en trámite parlamentario o proxecto da primeira lei xeral audiovisual.O documento contempla, entre outras medidas, a obrigatoriedade de destinar un 6% dos seus ingresos a financiar a producción de películas e series para televisión, documentales e productos de animación. A este respecto, a Xunta Directiva da Forta, considerou a medida como “perxudicial para as televisións públicas e o conxunto da industria audiovisual”.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org