Novas | 2601 a 2610 de 4285

<< Anterior Siguiente >>

24/11/2009
A conversión da TDT deixará a 75.000 veciños do Bierzo sen recibir a TVG

Desde hai un tempo, unha serie de asociacións veciñais de Asturias, Leon e Zamora mobilizáronse para recibir o sinal da Televisión de Galicia nos seus territorios (contabilízanse uns 75.000 habitantes galegofalantes). Unhas demandas que se cumpriron no seu momento pero que se verán frustradas coa chegada da TDT. O Grupo Popular das Cortes de Castela-León rexeitou onte unha proposición non de lei sobre a continuidade da recepción do sinal da TVG, mentres que Alberto Núñez Feijoo anunciou que xa se estaban a estudar solucións para estender o sinal da TVG nestes territorios cando se produza o apagón analóxico.. Amplía a nova>>

24/11/2009
Vilagarcía acolle ata o venres o festival audiovisual máis antigo de Galicia

É o certame máis lonxevo de todos cantos se celebran en Galicia. O Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía celebra ata o venres a súa 37 edición. Unha escolma dos traballos da UNATC (Selección de la Universidad Nacional de Arte Teatral y Cinematográfico "I.L.CARAGIALE" ) de Bucarest foi a encargada de abrir esta edición do encontro. Pioneiros do certame, a sección oficial e o obradoiro 2D conforman o programa deste certame que pretende exhibir curtametraxes en “estilo directo, austero, cotiá, sinxelo e realista”. . Amplía a nova>>

24/11/2009
Entre o ceo e a terra

Seda, o Festival Erótico de Vilagarcía, revolucionou hai cinco anos o panorama do sexo en Galicia. Era a primeira vez que estas temáticas se facía visible no noso país e dun xeito moi destacado. O éxito popular daquela convocatoria fixo que Manuel Abad comezara a reflexionar sobre a recepción no noso país do mundo do sexo. Esta foi a orixe do documental Entre o ceo e a terra (inicialmente chamado Galicia, o imperio dos sentidos), que recolle experiencias persoais, a visión dos sex shops, videoclubes, a música e mesmo a opinión de asociacións, todos os puntos de vista abertos a todas as persoas que quixeron colaborar. . Amplía a nova>>

24/11/2009
Looking for Erik encabeza as votacions de Cineuropa a falta dunha semana para o remate

A mundo do erotismo e do sexo en Galicia entra hoxe na programación de Cineuropa da man dunha produción galega. Entre o ceo e a terra, dirixida por Teo Manuel Abad, estréase hoxe ás 20:00 horas, nun día no que os filmes presentarán a traxedia social da privatización dos ferrocarriles arxentinos (A próxima estación) e Brasil como forza viva de dominación musical mundial (Beyond Ipanema). . Amplía a nova>>

23/11/2009
O Congreso promove a rebaixa dos requisitos para que os filmes en linguas cooficiais accedan as axudas

A nova Orde Ministerial establece que para a acceder a axuda os filmes deberá ter un custe superior a 1.5 millóns de euros e conte, como mínimo, con 30.000 espectadores no primeiro ano de exhibición. Uns cómputos que farían que filmes en linguas cooficiais (galego, catalán e vasco) non poidan acceder a estas axudas. Por iso, o Grupo Mixto do Parlamento, a instancia do deputado do BNG, Francisco Xesús Jorquera, presentou unha Proposición non de lei para modificar eses requisitos.. Amplía a nova>>

23/11/2009
A producion galega Estigmas debuta hoxe en Cineuropa

Estivo na sección oficial do Festival de Cine de Valladolid e chega hoxe a Cineuropa. Estigmas é a nova película de Adán Aliaga, producida pola empresa galega IB Cinema que está protagonizada por Manolo Martínez e Marieta Orozco. A adaptación cinematográfica do cómic Lorenzo Matoti. Canda esta, un novo pase da película de Costa-Gavras (Eden à l’ouest), Guto Barra (Beyond Ipanema) ou Lionel Baier (Un autre homme). Amplía a nova>>

23/11/2009
Moito máis que unha operación financeira (I)

Son o sustento de numerosas actividades culturais, de maior ou menor magnitude do noso país. Entre Caixanova e Caixa Galicia supoñen máis da metade do orzamento anual da Consellaría de Cultura e, para moitas entidades, unha vía de financiamento das actividades culturais que se fan no país. Por iso, resulta especialmente decisivo o que aconteza entre estas entidades para o sector cultural. Unha actividade que se iniciou hai dúas décadas con luces e sombras.. Amplía a nova>>

22/11/2009
Looking for Eric despídese de Cineuropa encabezando as votacións

Historias de todos os tipos chegan hoxe a Cineuropa: Estados Unidos e Reino Unido decláranse a guerra no último filme de Armanado Iannuci (In the Loop; A historia de catro heroes se lenda que comezan no mar exeo (Ede à L´ouest). A fuxida desesperada dunha nena cuxos pais acaban de separarse (Yyki and Nina) ou a historia dos ferrocarrís arxentinos (A próxima estación). Canda elas, hoxe terá lugar o último pase de Looking for Eric, que encabeza as votacións do público cun 8,42.. Amplía a nova>>

20/11/2009
A Xunta recupera Cinegalicia e lembra os vinte anos de cine galego

1989 foi un ano clave para o audiovisual galego. No marco da mostra Cinegalicia estreáronse as tres primeiras longametraxes galegas de ficción Continental (Xavier Villaverde, 1989), Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) e Urxa (Alfredo Gª Pinal e Carlos A.L.Piñeiro, 1989). Por iso, agora que se cumpren vinte anos do acontecemento, a Xunta recupera Cinegalicia co formato de xornadas de reflexión e debate sobre os cambios experimentados no cine galego durante as últimas dúas décadas. A cita terá lugar en Pontevedra os dous primeiros días de decembro.. Amplía a nova>>

20/11/2009
Xabier Bermúdez presenta Rafael no marco de Cineuropa

Estreouse no marco do Festival de cine de Málaga na pasada edición e hoxe chega a Cineuropa. Xavier Bermúdez presenta en Rafael (Xamalú Films, 2008) a historia dun home obsesionado ao que a vida lle depara numerosas sorpresas. Hoxe tamén hai outra cita co audiovisual galego, xa que Cineuropa revisa o traballo de Xosé Manuel Bazarra, Sepi, no marco da sección Emerxentes.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org