03/12/2009
Unhas xornadas debaten en Santiago modelos de comercialización audiovisual
Cela 211 é a coprodución galega que está arrasando nos cines comerciais. Por iso, é normal que o seu plan de promoción sexa obxecto de estudo no marco dunhas xornadas sobre márketing e comercialización audiovisual. Un encontro que organizan os produtores (AGAPI), a Universidade (USC) e a Xunta de Galicia e que arrinca hoxe en Compostela. Canda o caso concreto de
Cela 211, tamén se analizarán fórmulas como o patrocinio, a explotación comercial da obras e as canles de distribución, a comercialización en festivais e mercados, a creatividade e a publicidade, as ferramentas do marketing 2.0. e a comercialización en salas de cine..
Amplía a nova>>
03/12/2009
O sector audiovisual alude á distribución para a visibilización das producións galegas
Problemas de calidade dos traballos audiovisuais e atrancos á hora de chegar ao público. Esas son algunhas das eivas que anotaron os profesionais do sector presentes nas xornadas “20 anos de Cinegalicia”, coas que se conmemoran as dúas décadas da estrea comercial das primeiras longametraxes galegas. Entre as posibles solucións, apuntaron cara unha política de axudas públicas á exhibición e á distribución. Ademais, diferentes profesionais apuntaron a urxencia de definir o modelo público nas vindeiras semanas para non paralizar a produción do vindeiro ano. .
Amplía a nova>>
01/12/2009
Pontevedra repensa o audiovisual galego cando se cumpren vinte anos do seu nacemento
Continental,
Urxa e
Sempre Xonxa son os tres títulos que marcaron o nacemento do que se chama audiovisual galego. E os tres coincidiron no tempo, en 1989, no marco do que lle chamou Cinegalicia. Agora, a Secretaría Xeral de Comunicación e a Universidade de Vigo queren homenaxear aquel momento cunhas xornadas que conservan o mesmo nome, Cinegalicia, e que comezan hoxe en Pontevedra. A diferenza do que aconteceu hai vinte anos, agora non se estrearán películas, senón que se reflexionará sobre os acertos, desacertos, retos e oportunidades que ten o sector.
.
Amplía a nova>>
01/12/2009
A falta dun día para o remate, Looking for Erik encabeza as votacións de Cineuropa
Cun 8.5
Looking for Erik, a última película de Ken Loach, é posiblemente a película gañadora desta edición de Cineuropa. A falta dun día para que bote o peche, o programa apura os seus últimos títulos. O documental sobre a figura de Anne Wintour, a polémica editora de Vogue e son algúns dos títulos para este primeiro de decembro..
Amplía a nova>>
30/11/2009
Novas propostas nos últimos días de Cineuropa
Malia que entramos na recta final, Cineuropa aínda presenta títulos novos. Hoxe chega a carteleira,
A relixiosa portuguesa, que conta a historia de Julie, unha actriz francesa que fala portugués que vai a Lisboa por primeira vez para rodar unha película e alí o seu destino muda para sempre. Canda este título, tamén se estrea na programación
A historia de illamento na que viven tres fillos en
Dogtooth. Documentais e filmes de ficción de carácter independente na cita imprescinbible de Santiago.
.
Amplía a nova>>
27/11/2009
Cineuropa enfronta a súa recta final co maratón de cine bizarro
Seis películas (unha delas sorpresa), todas decorrido e sen descanso a partir as 20:15 horas no Teatro Principal. Só apto para sonámbulos e amantes do cine bizarro, é dicir, extravagante, insólito…. Con el entramos na recta final de Cineuropa..
Amplía a nova>>
26/11/2009
Unha comedia muda de animación gaña o premio Compostela Plató
Un supermercado, un garda de seguridade ao bordo dun ataque de nervios, un supervisor con ganas de despedir a alguén, unha caixeira que quere marchara para a casa, un cliente co carro cargado de produtos, dous minutos para o peche do local e unha historia de amor. Estes son os ingredientes de
Check Out, o guión gañador do premio Compostela Plató. É a primeira vez na historia deste certame, ao abeiro do Festival Curtocircuito, que resulta premiado un proxecto de animación. Ficción Producións é a produtora encargada de materializar a curtametaxe, xa que nisto consiste o premio (30.000 euros de orzamento e a distribución por festivais internacionais). Nesta ocasión seguiranse técnicas de animación en 3D con aspecto de debuxos animados bidimensionais, un procedimento semellante ao anime xaponés, que fuxe de semellanza coa imaxe real..
Amplía a nova>>
26/11/2009
Cineuropa completa con Claudia Brenlla o ciclo dedicado aos cineastas emerxentes galegos
A falta dunha semana para que remate, Cineuropa encara a recta final cun dos seus clásicos: a película sorpresa. Un clásico que comparte protagonismo hoxe coa cuarta e última sesión do ciclo especial dedicada ao realizadores emerxentes do audiovisual galego. Na sesión de hoxe, o programa céntrase no traballo de Claudia Brenlla. A Aula Sociocultural Caixa Galicia acollerá a proxección da súa curtametraxe
Bata por fóra (Muller por dentro) e a mediometraxe documental
O Club dos Sen Teito..
Amplía a nova>>
25/11/2009
Un documental explora as profundidades mariñas das costas galegas
O bosque encantado é o título do último documental do galego Jorge Candal que grava as profundaidaes mariñas das costas galegas. Un traballo que recibiu varios premios nacionais e internacionais e que se estrea no marco da Semana de Cine Submariño que comeza hoxe en Vigo. Un encontro que cumpre 29 edicións e que este ano presenta varioas novidades: en primeiro lugar, proxectará películas en alta definición, antes da proxeccións haberá un pequeno espectáculo audiovisual (diaporamas con música) e os títulos proxectados teñen unha duración maior (90 minutos). Canda o habitual programa expositivo haberá conferencias sobre os fondos mariños dos distintos fondos do planeta..
Amplía a nova>>
25/11/2009
Cineuropa acolle hoxe a noite especial Crebinsky
Os irmáns Feodor e Mihail Crebinsky protagonizados por Miguel de Lira e Sergio Zearreta sobreviven apañando o que traen as mareas. Guiados pola súa vaca, inician unha viaxe cara Normandía, lugar no que finalmente se produce o desembarco dos aliados na Segunda Guerra Mundial pero que, inicialmente, ía acontecer en Galicia. Hoxe aterran en Cineuropa (Teatro Principal, 22:00 horas) para presentar un making off, o trailer e a primeira bovina en 35 mm, meses antes da súa estrea oficial. Canda eles, a “tropa Crebinsky” encherá o principal con música da banda sonora, humor e moito cine..
Amplía a nova>>