“Viñen en xullo para ver detalles da pelÃcula, en agosto mantivemos unha reunión con Julio Fernández e en setembro comezou a rodaxe, cando todo o mundo me decÃa que era o peor momento para facelo pero aÃnda asà só tivemos dos dúas de chuvia” asà de claro foi Emilio Estévez na presentación da rodaxe de The Way, un filme que conta un drama familiar co Camiño de Santiago como telón de fondo. Emilio Estévez escribiu o guión para o seu pai (Martin Sheen, tamén actor e produtor) e que tivo que “maquillar” para que a igrexa lle permitira rodar no interior da catedral. Ao final, o arcebispado accedeu porque, segundo Estévez “comprenderon que era unha pelÃcula que pretendÃa retratar os sentimentos e as emocións dos peregrinos”.
A rodaxe do filme rematará a vindeira semana, a partir do que comezará a montaxe que terá lugar en Estados Unidos. Será no 2010 cando esté lista a pelÃcula que, en palabras de Emilio Estévez, “esperemos que circule por festivais como Venecia, Cannes ou San Sebastián”. En todo caso, o director de FÃlmax, Julio Fernández, apuntou que “as pelÃculas só funcionan de cara o público cando se crea un gran evento e a nós gustarÃamos, que houbera una gran estrea no mes de agosto no Obradoiro ou nalgún espazo ao aire libre”. O filme, que foi promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia, conta coa colaboración da Xunta e a Televisión de Galicia.