Unha película sobre o camiño traerá a Galicia a Martin Sheen

O actor, que ten orixe galega, ten previsto iniciar a rodaxe este verán

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Aproveitando a orixe galega de Martin Sheen, o actor mais o seu fillo Emilio Estévez estiveron esta semana en Madrid arroupando a presentación do Catálogo de Actores e Actrices de Galicia. Na presentación, á que acudiu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, déronlle a coñecer un proxecto que queren poñer en marcha antes do verán. Trátase dun filme sobre o Camiño de Santiago como telón de fondo. Para iso pretenden que o filme conte co apoio de Sempre Cinema. O protagonista de filmes como Apocalypse Now pretende rodar no país no que naceron os seus pais.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Emilio Pérez Touriño, Cine, Camiño de Santiago, Madrid

Claves

Protagonistas
Lugares