Emilio Estévez e Martin Sheen chegan a Santiago coa súa rodaxe sobre o Camiño

Julio Fernández prevé un gran evento para a presentación en Galicia da película

5/11/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Filmación da película no interior da catedral de Santiago. Foto: CCG

“Viñen en xullo para ver detalles da película, en agosto mantivemos unha reunión con Julio Fernández e en setembro comezou a rodaxe, cando todo o mundo me decía que era o peor momento para facelo pero aínda así só tivemos dos dúas de chuvia” así de claro foi Emilio Estévez na presentación da rodaxe de The Way, un filme que conta un drama familiar co Camiño de Santiago como telón de fondo. Emilio Estévez escribiu o guión para o seu pai (Martin Sheen, tamén actor e produtor) e que tivo que “maquillar” para que a igrexa lle permitira rodar no interior da catedral. Ao final, o arcebispado accedeu porque, segundo Estévez “comprenderon que era unha película que pretendía retratar os sentimentos e as emocións dos peregrinos”.

A rodaxe do filme rematará a vindeira semana, a partir do que comezará a montaxe que terá lugar en Estados Unidos. Será no 2010 cando esté lista a película que, en palabras de Emilio Estévez, “esperemos que circule por festivais como Venecia, Cannes ou San Sebastián”. En todo caso, o director de Fílmax, Julio Fernández, apuntou que “as películas só funcionan de cara o público cando se crea un gran evento e a nós gustaríamos, que houbera una gran estrea no mes de agosto no Obradoiro ou nalgún espazo ao aire libre”. O filme, que foi promovido polo Consorcio Audiovisual de Galicia, conta coa colaboración da Xunta e a Televisión de Galicia.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Guión, Catedral, Camiño de Santiago, Consorcio Audiovisual de Galicia...