Comeza a rodaxe de O camiño, a película dirixida por Emilio Estévez

A produción foi promovida polo Consorcio Audiovisual de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Saint Jean Pied de Port é a localidade francesa na que comeza o Camiño Francés. Para moitos está considerada como a etapa prólogo anterior a Roncesvalles. Nela arrincou o luns a rodaxe da última película de Emilio Estévez, na que tamén actúa xunto co seu pai Martin Sheen, Deborah Kara Unger, Ángela Molina e o galego Carlos Leal. Chámase O Camiño e conta a historia dun oculista californiano que acode a Francia a buscar as cinzas do seu fillo. Unha vez alí descobre que estaba a preparar o Camiño de Santiago e decide facelo por el. A produción foi promovida polo Consorcio Audiovisual de Galicia aproveitando a ascendencia galega de Martin Sheen. A rodaxe terá lugar ata o vindeiro 13 de novembro.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio Audiovisual de Galicia, Camiño de Santiago, Camiño Francés, Francia...