28/10/2009
Dolores Ben é reelexida presidenta de Agapi
A Asociación Galega de Produtores Independentes (AGAPI) celebrou a semana pasada unha Asemblea Xeral na que os socios elixiron á súa Xunta Directiva. Dolores Ben repite como presidenta desta entidade cun equipo ao que se incorporan como vogais Emma Lustres (Vaca Films) e Isaac González (Massvisual Servizos Planos). A súa presidencia, que se estenderá ata 2011, terá un “plan de traballo centrado na promoción e difusión exterior do audiovisual galego, na investigación dos novos formatos audiovisuais no contexto dixital e nas propostas sobre o marco legal a nivel autonómico e estatal”, tal e como figura nunha nota de prensa remitida por Agapi. .
Amplía a nova>>
28/10/2009
Monstros moi especiais
Ray Harryhausen quedou impresionado cando de pequeno veu no cine a un King Kong que podía andar, moverse e respirar. Aquela paixón de neno acabou por converterse na súa profesión e levouno a ser un dos especialistas en efectos especiais máis famosos da historia do cine de tal xeito que o seu traballo supera o contexto do técnico para entrar no do artista. Agora, na Coruña a Fundación Seoane permitirá dar a coñecer o traballo de Harryhausen a través de maquetas orixinais, bosquexos, fotografías, carteis e as proxeccións das súas 16 películas..
Amplía a nova>>
28/10/2009
O IGAPE concede a Dygra un préstamo que lle permite retomar a súa actividade
Non era un segredo que Dygra, a pioneira factoría de animación coruñesa, estaba atravesando un mal momento financeiro. Na primavera presentou un ERE de tres meses que afectou a metade do cadro de persoal (que levaba oito meses sen cobrar) e que paralizou os seus proxectos. A semana pasada o Consello da Xunta autorizou o IGAPE á realización dunha serie de operacións, entre as que figuraba a concesión dun crédito por importe de 3 millóns de euros. A medida permitiralle retomar o ritmo habitual de traballo e fixar un novo calendario. Así
Noite de ¿paz?, o seu proxecto de animación en 3D estereoscópico, adía a súa estrea ata o Nadal de 2010, un ano despois do previsto. Á inxección económica fornecida polo IGAPE unirase, en breve, outra operación cunha entidade financeira galega..
Amplía a nova>>
28/10/2009
Os barrios de Lugo acollen un ciclo de cine de temática feminina
Onte, hoxe e mañá,
A teta asustada,
Osama,
Princesase
Conversas con mamá son os títulos que fan parte do ciclo de Cinema de Barrio que organiza o concello de Lugo. Unha iniciativa que se achegará aos diferentes centros socioculturais da Cidade da Muralla para que a cidadanía reflexione sobre a temática femenina e se cree conciencia de xénero..
Amplía a nova>>
28/10/2009
Curtas na rede clausura a súa edición máis concorrida entregando os seus premios
É un certame para amateurs, que gustan do medio audiovisual e que contan con poucos medios para contar grandes ideas.
Curtas na rede chega xa á quinta edición con éxito de participación, xa que recibiu 250 traballos fronte aos pouco máis de 150 na edición anterior. O Teatro Rosalía acolleu onte a gala de clausura na que repartiron 25 premiados de 13 categorías, con galardóns que oscilan entre os 500 e os 1.500 euros. Entre os gañadores desta edición destaca
Anim 01 (mellor curta experimental),
O paquete de Andrés (mellor curta de ficción),
Aaron (mellor curta documental) e
Lelo e as estacións (mellor curta de animación). .
Amplía a nova>>
26/10/2009
Cineuropa ultima unha edición que seguirá fiel ao seu formato habitual
A falta dunha semana para que comece a 23 edición do Festival de Cinema, Cineuropa, xa se coñece un avance da programación. O encontro arrincará o 4 de novembro con
A cinta branca, o último de filme de Michael Haneke que gañou a Palma de Ouro en Cannes. A sección competitiva contará con 31 títulos entre os que destacan
Looking for Eric, de Ken Loach;
Soul Kitchen, coa que Fatih Akin obtivo o premio á mellor dirección en Venecia;
Edén ao oeste, de Costa-Gavras;
Un profeta, de Jacques Audiard;
Le refuge, de François Ozon ou
Hadewich, de Bruno Dumont. Ademais, esta edición tamén contará co regreso cinematográfico de Michael Moore, que presenta
Capitalism, a love story, na que dá a súa peculiar explicación da crise financeira actual. .
Amplía a nova>>
26/10/2009
A incomunicación protagoniza a curtametraxe gañadora do certame Socialcine
O concello da Coruña puxo en marcha Socialcine09, un certame para que os cidadáns fixeran curtametraxes co obxectivo de coñecer con outro punto de vista o que acontece ao seu redor. Unha iniciativa que tivo bastante eco na sociedade e que permitiu traballos como
Incomunicados, de Érica Esmorís. A curtametraxe, que amosa a historia de dúas persoas con dificultades para comunicarse, foi, ademais, a gañadora do certame dotado con 1.000 euros.
Tres de azúcar,
A golpes e
E escondite completan o palmarés deste encontro promovido pola concellaría de Servizos Sociais..
Amplía a nova>>
26/10/2009
Máis público nas proxeccións do Festival de Cine de Ourense pero menos nas homenaxes
O público volcouse de forma irregular con esta edición do Festival de Cine de Ourense. Dunha banda, incrementou o número de asistentes as proxeccións cinematográficas (6.047 en total, que fan unha media de 756 por día); pero, da outra, foron moi poucos os presentes nas actividades paralelas e actos de homenaxe. En total 311 persoas acudiron ás actividades previstas para lembrar a figura de Norman McLaren, a Eduardo Blanco Amor e a Eloy Lozano. A concelleira nacionalista, Isabel Pérez falou de “pouca complicidade” da sociedade ourensá, aínda que o director, Enrique Nicanor, deu por cumpridos os obxectivos. Esta fin de semana coincidiu unha visita a Ourense do secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro,que foi moi crítico coas cifras e recoñeceu que “non coñece a auténtica función” do festival. .
Amplía a nova>>
23/10/2009
Un documental sobre o asedio a Gaza abre a VII edición do Festival Amal
Eu son Gaza é o título co que a xordana Asma Beseiso recupera as historias persoais que non trataron os medios de comunicación no últimoataque israelí sobre Gaza. Con este documental abre a VII edición do Festival Amal que se prolonga ata o 31 de outubro e repartirá premios por imoprte de 27.000 euros. En total poderanse ver unhas 36 películas que abordan o conflito palestino-israelí, o papel da muller no mundo árabe ou a inmigración..
Amplía a nova>>
22/10/2009
Quiosco: Papeis da Academia
Un artigo do director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, sobre a segunda cadea da TVG, a experiencia divulgativa para público infantil de Mr Misto e un artigo de Manuel Sendón sobre as vellas salas de cine son algúns dos contidos do último número de
Papeis da Academia. A publicación, que edita a Academia Galega do Audiovisual, inclúe tamén un CD (no marco da liña de traballo
As musicas da Academia) que compila os traballos que Milladoiro realizou no ámbito cinematográfico (e que lle valeron no seu momento unha candidatura aos premios Goya)..
Amplía a nova>>