21/10/2009
O sector audiovisual pretende aclarar o seu marco legal e administrativo no Foro Academia Aberta
Coñecer cal é a situación administrativa do sector audiovisual na Xunta de Galicia, debater se é necesario a reforma do marco legal (a lei de creación da CRTVG e a do Sector Audiovisual) e reflexionar sobre os dous modelos de cinematografía que se manteñen a día de hoxe centrará esta edición do Foro Academia Aberta. O encontro, organizado pola Academia Galega do Audiovisual, desenvolverase os días 28 de outubro, 5 e 11 de novembro na sede do Consello da Cultura Galega baixo o título “As regras do xogo”. .
Amplía a nova>>
19/10/2009
Unha produción galega compite na sección oficial da 54 edición da Seminici
A película de IB Cinema inspirada na banda deseñada de Lorenzo Matoti,
Estigmas é a produción galega que están na sección oficial da 54 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid, a Seminci, na categoría de longametraxe. Non é o único títulos galegos xa que na sección paralela “Punto de encontro” hai dúas curtas galegas: o vigués Alejandro Marzoa presentará
Padre modelo e Nancho Novo
Eles teñen que xogar. Na sección "Punto de historia" proxectaráse o documental
Señora de, dirixido por Patricia Ferreira e producido polo Raio Verde. Ademais, no apartado dedicado ao cinema español estará
Os xirasois cegos e
Eloxio da distancia..
Amplía a nova>>
19/10/2009
Cine con personalidade
Unha produción peculiar, con 100.000 euros de orzamento, rodada en Mini-DV e cun reparto de actores descoñecidos. Este é o perfil de
Pescuit Sportiv (Hooked), dirixida por Adrian Sitaru, a película rumana que se fixo coa Gran Calpurnia (18.000 euros), o galardón estrela do palmarés da XIV edición do Festival de Cine de Ourense. Un premio que pon o broche de ouro a un festival que este ano fixo un alegato da creatividade..
Amplía a nova>>
16/10/2009
O Festival de Ourense analiza a fórmula do financiamento rexional da produción audiovisual
Gabriel Röthemeyer é a responsable do Fondo Rexional Audiovisual do Lander Baden-Württemberg (MFG), unha iniciativa xurdida en 1995 e que cada ano destina 15 millóns de euros ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais. Ten de peculiar que é un exempo de asesoramento da escena cinematográfica local na Alemaña grazas ao apoio do estado de Baden-Württemberg e a cadea local de accionistas SWR. Röthemeyer explicou onte, no marco das conferencias destinadas a profesionais do Festival de Cine de Ourense, os criterios que seguen para elexir os seus proxectos: a rendibilidade comercial, a calidade do proxecto e a conexión cultural. Coproducións con outras zonas próximas (Alsacia, Suiza e Austria), fomento dos profesionais formados na Escola de Cine de Ludwigsburg (atraendo produtoras como TeamWorx e Peter Rommel Productions), o programa First Film para financiar óperas primas con potencial internacional e o Festival de Ludwigsburg/Stuttgart centrado no cine europeo, son algunhas das iniciativas elaboradas con cargo a este fondo..
Amplía a nova>>
15/10/2009
Unha proxección e un coloquio lembran a Blanco Amor no Festival de Cine de Ourense
Tralas homenaxes a Norman McLaren e a Eloy Lozano, agora chégalle o momento a Eduardo Blanco Amor. O Festival de Cine de Ourense dedícalle ao escritor ourensá a sesión de hoxe cunha mesa coloquio e coa proxección da adaptación cinematográfica que no 1977 fixo Gonzalo Suárez (protagonizado por Fernando Fernán Gómez, José Sacristán e Charo López). Estas dúas actividades serven, ademais, para festexar que se cumpren 50 anos da publicación da novela
A esmorga. .
Amplía a nova>>
15/10/2009
Música en curto
Curtocircuíto fai unha parada nas proxeccións oficiais para ofrecer unha ampla escolma dos mellores videoclips musicais. Depeche Mode, R.E.M, U2, Coldplay, Radiohead... son algúns dos grupos achegarán a música intenacional ao CGAC. Canda esta proposta, haberá outra selección das mellores curtas de animación de Irlanda, o país convidado..
Amplía a nova>>
14/10/2009
Pílulas irlandesas
O CGAG acolle hoxe (18:00 horas) a proxección dunha escolma das mellores curtas chegadas desde Irlanda, o país convidado desta edición de Curtocircuíto. Canda a isto, hoxe tamén haberá ración dobre das producións internacionais xunto cunha nova entrega das curtas experimentais. Os trailers e avances das producións que poderás ver están aquí, en Culturagalega.org.
Amplía a nova>>
14/10/2009
O Festival de Cine de Ourense entrega os premios aos escolares
Era una medida para incentivar a creatividade no ensino e no traballo en equipo co audiovisual polo medio. E a acollida non puido ser mellor. Centenares de escolares enchían onte o auditorio de Ourense, no marco dunha das actividades organizadas polo seu Festival de Cine. O
I Ouff na Escola concedeu os seus primeiros premios aos traballos
Festival das Letras Galegas do CEIP Mestre Valverde e
Malos Tempos do IES Alfoz Valadouro. O festival continúa hoxe co habitual ritmo de exhibicións e coa masterclasss sobre
como Producir documentais internacionais a cargo da produtora e directora Linse Lense Móller (Francia), quen tamén presentou o seu documental
Birmania VJ..
Amplía a nova>>
14/10/2009
A G2 elimina da súa programación as emisións sen subtítulos
Despois de varias críticas por emitir na G2 (a segunda canle da CRTVG) series en versión orixinal sen subtítulos(
A Xuíza Amy) a Televisión de Galicia acaba de eliminar eses contidos da súa grella de programación. A súa emisión fixo que Apradoga, asociación profesional dos dobradores galegos, solicitase unha xuntanza cos responsables da CRTVG para coñecer a política que se pretende seguir no eido da dobraxe, e que terá lugar este venres 16. Ademais, esta entidade pretende analizar a situación da dobraxe en galego con catro mesas redondas que terán lugar o 31 de outubro, e coas que Apradoga celebrará os 25 anos da dobraxe en Galicia..
Amplía a nova>>
13/10/2009
Curtas, de mercado
A piques de entrar no ecuador do festival, Curtocircuito presenta para hoxe un programa cargado de curtas para grandes (
Programa canalla), pequenos (
Público novo 11-14 anos), de aquí (
España 3) ou de fóra (
Internacional 5). Un panorama expositivo que se completa co inicio das actividades paralelas: o mercado de curtametraxes (nas instalacións do CGAC) e das masterclass (na facultade de xornalismo). Culturagalega.org ofreceche tes os trailers dalgúns dos traballos que poderás ver hoxe. ¡Para abrir boca! .
Amplía a nova>>