Novas | 2591 a 2600 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

05/11/2009
Cineuropa estrea hoxe as últimas películas de Wong Kar-Wai, Soderberg e François Ozon

O filme máis controvertido desta edición do festival de Cannes, Serbis chega hoxe a Cineuropa. Canda el, o último título de Wong Kar-Wai (Dung che sai duk), Soderberg (The girlfriend experience) ou François Ozon (Ricky) desfilan hoxe pola programación no seu primeiro pase. Ademais, na carteleira tamén destaca A muller sin piano, o filme do español Javier Rebollo que narra un día na vida doméstica, laboral e sexual dunha ama de casa protagonizada por Carmen Machi.. Amplía a nova>>

04/11/2009
Os conflitos sociais regresan a Compostela da man de Cineuropa

Os problemas de dous indocumentados en Los Ángeles (Os bastardos), a desintegración dunha familia xaponesa pola perda do emprego (Tokyo Sonata), un estraño ritual en forma de castigo (A cinta branca)... Son algunhas das historias que amosan as películas da xornada inaugural de Cineuropa. Culturagalega.org busca na rede para ofrecerche diariamente os trailers dos títulos que poderás ver no marco deste festival. . Amplía a nova>>

04/11/2009
A cita ineludible

160 títulos, dos que máis dun centenar son estreas e 18 son premiere en España. Ademais, un público entregado (que vai en aumento) que fai colas para conseguir unha entrada. Estes son algúns dos sinais de identidade dun certame que cumpre 23 edicións fiel ao mes de novembro santiagués e á fórmula de “festival de festivais” que fai o seu director, José Luis Losa. ¿Será Cineuropa o gran festival de cine que necesita Galicia?. Amplía a nova>>

03/11/2009
Andaina promove un festival de cine feito por mulleres

Existe unha carencia de mulleres directoras. Segundo os datos de CIMA, Asociación de Mulleres Cineastas e Medios Audiovisuais, o 8% das películas que se producen no Estado están feitas por mulleres. Para tentar modificar esa situación, a Asociación Andiana organizao MUFEST, o I Festival de Cine feito por Mulleres, que se celebrará no Auditorio de Galicia os días 20, 21 e 22 de novembro. O encontro conta tamén cun certame, no que as mulleres interesadas poden enviar os seus traballos (en DVD antes do 15 de novembro). Alí, autoras, produtoras, guionistas… compartirán as súas experiencias no mundo audiovisual.. Amplía a nova>>

03/11/2009
As empresas galegas debaten en Madrid as melloras tecnolóxicas aplicada ao sector audiovisual

Perfeccionamento do HD, unha mellor compresión para ser difundidos os contidos por internet con boa calidade, o 3D esteroscópico para cine... este son algúns dos contidos que se falarán Salón Profesional Internacional da Tecnoloxía Audiovisual, BROADCAST'09 que se celebra desde hoxe en Madrid. Alí estará unha delegación de empresas galegas baixo o paraugas do Clúster Audiovisual Galego (CAG). De feito, o CAG compartirá espazo cos clúster que existen no Estado cos que teñen previstas outras actividades. Unha xuntanza de contacto para buscar estratexias de colaboración empresarial, así como unha reunión para avanzar na elaboración dun Plan de Innovación para o sector audiovisual español.. Amplía a nova>>

02/11/2009
O filme de Michael Haneke, A cinta branca, abre a XXIII edición de Cineuropa

As películas do festival de Cannes, da Seminci.. e todas aquelas que nunca chegarán as carteleiras de Galicia. Cineuropa é, en palabras do seu director, Jose Luis Losa, un “festival de festivais” pero tamén o encontro que permite contemplar o que se está facer noutras cinematografías. O festival comezará o vindeiro mércores con A cinta branca de Michael Haneke, ao que seguirán 160 filmes, dos que un centenar serán estreas. Cineuropa continuará coa súa fórmula habitual, na que o público selecciona os mellores traballos da sección oficial. Canda ela, retrospectivas (Arnaud Despechin e Claire Denis), maratón, película sorpresa e os premios Cineuropa que este ano renden homenaxe a Fernando Trueba e a Mabel Rivera. Entre as novidades, haberá unha festa na Sala Capitol o día 11 que complementa a sección doc-music.. Amplía a nova>>

02/11/2009
A Feira de Cultura da Coruña celebrarase os días 28 e 29

A anunciada feira de industrias culturais coa que o Concello da Coruña quere darlle continuidade ao Cultur.gal este ano xa ten datas. Os vindeiros días 28 e 29 deste mes o recinto de Palexco acollerá AchegArte, Feira da Cultura da Coruña. A organización prevé que arredor de sesenta empresas, colectivos e institucións participen neste evento, chegandos de sectores tan variados coma a edición, as artes escénicas, o audiovisual ou a música entre outras.. Amplía a nova>>

02/11/2009
Un filme sobre o compromiso social e de parella gaña o VII Festival Amal

Un mozo para Yasmina é unha fábura veraniega sobre os matrimonios de conveniencia, o compromiso social e a vida en parella. Ademais, o filme acaba de facerse co premio principal da VII edición de Amal, o festival de Cine Euroárabe. O premio na categoría de mellor documental foi compartido por O pobo dun só home e Checkpoint Rock: Cancións desde Palestina. O Teatro Principal de Santiago acolleu o sábado a clausura do festival que contou coa actuación do músico francoargelino Fayçal Salhi.. Amplía a nova>>

02/11/2009
Dúas producións galegas no palmarés da 54 edición da Seminci

Na súa segunda incursión cinematográfica (a primeira foi co documental A casa da miña avoa) Adán Aliaga acaba de conseguir un dos premios máis destacados da sección oficial da Seminci, o Pilar Miró, que recoñece o labor dos realizadores con menos experiencia no certame. Foi grazas a Estigmas (producida por IB Cinema) a adaptación cinematográfica da novel gráfica de Mattoti e Piesanti que conta a reacción dun home ao que lle saen uns estigmas nas mans. Canda este título, o documental Señora de, dirixida por Patricia Ferreira e producida por O Raio Verde, fíxose co terceiro premio da sección Tiempo de Historia.. Amplía a nova>>

29/10/2009
As regras do xogo

Era o momento oportuno para que todas as partes implicadas no sector audiovisual se sentaran a falar. Mentres en Madrid se inicia o trámite parlamentario dun texto (a Lei Xeral do Sector Audiovisual) que marcará as directrices xerais do sector nos vindeiros anos, en Galicia ábrese un novo contexto precedido por un cambio de goberno. A Academia Galega do Audiovisual citou no Consello da Cultura Galega a representantes dos partidos políticos (o do Partido Popular, Agustín Baamonde, non se presentou) a explicar a interesados e curiosos a pertinencia de contar cun novo marco normativo en Galicia.. Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org