11/11/2009
Os fondos do NO-DO cedidos ao CGAI poderán consultarse a partir de decembro
Son imaxes de Galicia entre os anos corenta e setenta que ofrecen imaxes de actos sociais, estampas da época e acontecementos históricos de diversa índole. En total trinta horas do NO-DO (cedidas hai dous anos pola Filmoteca Nacional) que se poderán consultar a partir de decembro no Centro Galego de Artes da Imaxe. Así o anunciaron o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, e o director da institución, Guillermo Escrigas na presentación da programación para os vindeiros meses. Un ciclo de dedicado ao Xacobeo, dúas exposicións fotográficas (unha en homenaxe ao que fora director do CGAI, Jose Luis Cabo) e proxeccións para todas as idades son algunhas das novidades presentadas. .
Amplía a nova>>
11/11/2009
Sete grupos reinterpretan o legado musical dos Beatles
The Beatles: Re-Volver é o concerto co que Cineuropa celebra hoxe a súa especial homenaxe aos Beatles. Presentado polo xornalista Camilo Franco, a sala Capitol acolle un concerto no que sete grupos galegos reinterpretan o legado musical do grupo británico. Hoxe hai tamén outra homenaxe especial na programación, a que abre os ciclo dedicado aos novos cineastas emerxentes galegos. Na sesión desta tarde proxectaranse no Teatro Principal catro curtametraxes asinadas por Ángel Santos Touza. .
Amplía a nova>>
10/11/2009
Un filme analiza a transición en Galicia a través dunha reporteira gráfica dos anos 70
Llorenç Soler e Jorge Algora presentan hoxe en Cineuropa un filme que analiza os movimentos e cambios nos anos da transición á democracia en Galicia. Fano a través de Anna Turbau, unha reporteira gráfica que estivo en Galicia durante a metade dos anos setenta. Ao seu remate, haberá un debate no que Xan María Castro, Camilo Nogueira, Luis Pasín e Encarna Otero ofrecerán a súa visións de como se viviu ese momento no noso país. Canda esta actividade, poderase ver o último traballo de Michael Moore, no que pon no punto de mira o sistema financeiro actual. Ademais, hoxe Cineuropa programa
The housemaid, unha película coreana dos anos sesenta cun estimo moisemellante ao do cineasta español Luis Buñuel, ata tal punto que o crítico Jean Michel Frodon chegou a dicir “así que Luís Buñuel tiña un irmán coreano!”..
Amplía a nova>>
09/11/2009
A área de Santiago inicia o Plan de Acendido á TDT
Con tecnoloxía integramente galega, con equipos e instalacións a cargo de empresas da comunidade e con 2.400.000 euros, 44 concellos da Área de Santiago despedirán a televisión analóxica nas vindeiras semanas. Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios, avanzou hoxe o inicio do Plan de Acendido á TDT que se adiara por mor, entre outras circunstancias, do cambio de goberno. A Secretaría Xeral de Medios da Xunta iniciou tamén nestes meses os contactos co Ministerio de Industria para establecer un novo calendario de apagón analóxico. Entre as medidas acordadas, está o establecemento da TDT por satélite, con vistas a cubrir aquelas zonas ás que non cheguen as emisións polo procedemento normal. Ademais, segundo figura nunha nota de prensa “a Xunta mantén o prazo da primeira quincena de xaneiro para os apagamentos analóxicos da Fase I (Ourense Leste e Santiago) e gran parte da Fase II (Ares-Meda), mentres que para o 3 de abril estará todo rematado coa finalización do resto da Fase II e a Fase III (Páramo-Domaio)”..
Amplía a nova>>
09/11/2009
As regras do xogo (II)
A discusión era importante porque, ademais de que condicionará o emprego de numerosas produtoras, determinará a oferta de películas (cine, televisión e outros dispositivos) que os espectadores poderán ver nos vindeiros anos. Falamos do novo marco xurídico no que se move a industria de contidos que foi o segundo debate no marco do “Foro Academia Aberta” que se celebrou a semana pasada no Consello da Cultura Galega. .
Amplía a nova>>
09/11/2009
Michael Moore analiza as consecuencias do capitalismo no seu último filme
Despois de analizar a venda de armas e os atentados do 11-S, Michael Moore volve pór o punto de mira nun tema de candente actualidade: a crise financeira. Fiel ao seu particular estilo documental, esta noite aterra en Cineuropa, unha análise ao sistema capitalista nos Estados Unidos e no Mundo durante transición entre Bush e Obama. Canda el, están as peripecias de Mathias, ao que lle aparece unha cabeza na súa maleta cando regresa a Francia; as historias de Erik e Phillip, dous escritores con desigual sorte (
Reprise) ou o último pase de
La sentinelle (Arnaud Desplechin) e
The girlfriend experience (Steven Soderberg). (Entra na nova para ver os trailers).
Amplía a nova>>
08/11/2009
Primeira oportunidade para ver Youth without youth de Francis Ford Coppola
O thiller dramático con toques de fantasía,
Youth without youth, dirixido por Francis Ford Coppola chega hoxe á carteleira de Cineuropa. Canda el, un documental sobre a escola María Soliña fundada por unha canguesa (
Os nenos de María Soliña, a vida dun produtor de Hollywood interpretado por Robert de Niro (
What just happened?) ou a "adaptación" do proceso de creación da novela de Jack Kerouac Big Sur (
One fast move or I´m gone: Keourac Big Sur). Ademais, hoxe é a última oportunidade para ver
Frozen river,
Axes of the time redux (dirixida por Wong Kar Wai),
Secret sunschine e
Fais moi paisir (de Emmanuel Mouret). (Entra na nova para ver os trailers).
Amplía a nova>>
07/11/2009
Os matrimonios amañados e as top models protagonizan a sesión de hoxe de Cineuropa
A relixión como salvación (Secret Sunshine); as ansias de liberdade de Tulpan, que se nega a casar un pastor que acaba de regresar da armada (Tulpan); a curiosa e surrealista aposta da filla de David Lynch, Jennifer (Surveillance) e a historia dunha moza somalí que se acaba convertendo en top model (Desert Flower) son algunhas da historias que se contan na programación de hoxe de Cineuropa. Iso si, sen esquecer o ciclo sobre os Beatles que tamén te sesións programadas..
Amplía a nova>>
06/11/2009
The Beatles chegan a Cineuropa nunha escolma de filmes seleccionados por Camilo Franco
Unha selección de filmes inspirados nos Beatles aterran hoxe en Cineuropa. A primeira visita do cuarteto aos Estados Unidos e os filmes a partir da súas cancións Liverpool e A Hard Day’s Night son algúns dos que se poderán ver nesta sección elaborada polo xornalista e crítico Camilo Franco. Ademais, un filme baseado en Jack Kerouac e a súa novela “Big sur” , a dramática historia de Shin-ae trala morte do seu marido (
Secret Sunshine) fan parte da axenda de hoxe que se reparte entre o Salón Teatro, Teatro Principal e a Aula de Cultura de Caixa Galicia..
Amplía a nova>>
05/11/2009
Emilio Estévez e Martin Sheen chegan a Santiago coa súa rodaxe sobre o Camiño
“Viñen en xullo para ver detalles da película, en agosto mantivemos unha reunión con Julio Fernández e en setembro comezou a rodaxe, cando todo o mundo me decía que era o peor momento para facelo pero aínda así só tivemos dos dúas de chuvia” así de claro foi Emilio Estévez na presentación da rodaxe de
The Way, un filme que conta un drama familiar co Camiño de Santiago como telón de fondo. Emilio Estévez escribiu o guión para o seu pai (Martin Sheen, tamén actor e produtor) e que tivo que “maquillar” para que a igrexa lle permitira rodar no interior da catedral. Ao final, o arcebispado accedeu porque, segundo Estévez “comprenderon que era unha película que pretendía retratar os sentimentos e as emocións dos peregrinos”..
Amplía a nova>>