Novas | 2571 a 2580 de 4220

<< Anterior Siguiente >>

17/11/2009
As historias da democracia chegan hoxe a Cineuropa

A oferta de hoxe en Cineuropa presenta un claro arrecendo histórico. En AMILYSTRIP comprobarase a psicoloxía dun país marcado polo catolicismo e a Guerra Civil a través da ollada dunha familia. Unha temática que se repite coa proxecicón de O andamio e 50 anos no andamio, sobre o filme censurado no franquismo. Ademais, última oportunidade para ver Aquiles e a tartaruga de Takeshi Kitano.. Amplía a nova>>

16/11/2009
O Consello Asesor das Telecomunicacións retoma a actividade despois de catro anos

A transición cara a tecnoloxía dixital, os cambios no marco normativo estatal (está en debate no Parlamento a futura Lei Xeral do Audiovisual) e o futuro no ámbito local, son algúns dos temas que ha de abordar o Consello Asesor das Telecomunicacións e do Audiovisual. Despois de catro anos sen se reunir, os seus membros xuntáronse hoxe e acordaron, tal e como publica A nosa Terra, convocar un concurso público para a adxudicación das licenzas de radio dixital terrestre (que xa foran convocadas nun concurso que revogou o bipartito). Entre os cometidos deste organismo, está asesorar o Goberno en materia de telecomunicacións e audiovisual.. Amplía a nova>>

16/11/2009
Unha fundación divulgará o legado do cineasta Carlos Velo

Carlos Velo (Cartelle, 1909- México, 1988) é un dos pais do documentalismo cinematográfico español e un referente indiscutible en México e Galicia. Hoxe cúmprense cen anos do seu nacemento e o seu concello natal ultima unha fundación para promover a súa figura. A sede estará na casa familiar do cineasta e tería como presidenta á neta de Velo, Laura. Ademais, a Secretaría Xeral de Medios tamén promoverá a súa figura cunha fotobiografía (a inaugurar en decembro), con material gráfico e documental procedente con fondos do arquivo persoal do cineasta. . Amplía a nova>>

16/11/2009
VOD (versión orixinal descoñecida)

O cinema é un dos puntos fortes da axenda cultural dos concellos galegos (con independencia do seu tamaño) tanto por parte de entidades públicas como privadas. Pero, segundo un seguimento feito por Culturagalega.org, esa oferta cultural presta pouca atención á lingua na que se ofrecen esas producións. De 858 proxeccións contabilizadas, as entidades que a programan non ofrecen ningunha indicación de idioma en 357, e cando o fan o galego sae mal parado. Desde xuño do 2008 e ata o 6 de novembro de 2009, das citas audiovisuais publicadas na axenda do portal emitironse 255 filmes subtitulados en castelán, e só 57 en galego. Con respecto á dobraxe, das 86 producións emitidas en castelán só houbo 5 dobradas ao galego. . Amplía a nova>>

14/11/2009
Os lazos familiares protagonizan a xornada de hoxe de Cineuropa

Unha nova xornada de proxección de Cineuropa para este sábado. As visitas familiares (Tres días coa familia, Quelque chose à te dire e City Island), un documental sobre Roman POlanski (Wanted and Desired) canda a última produción de Takeshi Kitano.. Amplía a nova>>

13/11/2009
Sánchez Izquierdo é o novo presidente da federación que grupa as televisións autonómicas

Desde onte, o director da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, é o novo presidente da FORTA -Federación de Organismos o Entidades de Radio e Televisión Autonómicos. Un cargo que ocupará nos vindeiros seis meses e que liderará nun momento delicado para as televisións autonómicas, tendo en conta que está en trámite parlamentario o proxecto da primeira lei xeral audiovisual.O documento contempla, entre outras medidas, a obrigatoriedade de destinar un 6% dos seus ingresos a financiar a producción de películas e series para televisión, documentales e productos de animación. A este respecto, a Xunta Directiva da Forta, considerou a medida como “perxudicial para as televisións públicas e o conxunto da industria audiovisual”.. Amplía a nova>>

13/11/2009
A última produción de Takeshi Kitano chega a Cineuropa

Un documental sobre os roubos menores en Bogotá (Bagatela), unha crónica do punk rock (Who Killed Nancy?), un filme no que Maina De Van continúa na súa liña de traballo e nesta ocasión filma a automutilación non apta para todos os públicos (Dans ma peau). Son algunhas das opcións de hoxe de Cineuropa, o festival internacional de Santiago. (Entra na nova para ver os trailers das películas programadas para hoxe).. Amplía a nova>>

12/11/2009
O CGAI abrirá ao público 5.000 películas coa creación dunha mediateca

O Centro Galego de Artes da Imaxe abrirá ao público en decembro a “Mediateca Jose Luis Cabo”, en homenaxe ao que fora o director da institución finado hai dous meses. Trátase de por a disposición de investigadores e usuarios unha colección de 5.000 titulos entre producións galegas e estranxeiras, así como os fondos do NO-DO cedidos ao CGAI “grazas as xestións do anterior ministro de Cultura, César Antonio Molina” apuntou Alfonso Cabaleiro, secretario xeral de Medios. A filmoteca contará con catro postos de visionado, situados ao lado da biblioteca do centro. Entre os retos de futuro desta institución, tal e como apuntou Cabaleiro, está “o de estender as súas actividades a outras cidades de Galicia”.. Amplía a nova>>

12/11/2009
Un cambio tranquilo

“Non importa tanto onde están as competencias na materia senón por que, para que e con que obxectivos” apuntou Alfonso Cabaleiro, o secretario xeral de Medios, ante un expectante auditorio que esperaba ter sobre a mesa a estrutura orgánica da Xunta no que ao sector audiovisual se refire. Non o fixo pero explicou os motivos polos que non debe ser un cambio precipitado. No entanto, deixou ben claro que “o importante é que a actividade do sector non se paralice”. . Amplía a nova>>

12/11/2009
Vicente Aranda presenta Luna caliente no marco de Cineuropa

El andamio é un filme que conta a precariedade laboral dun home na españa dos anos cincuenta. A súa temática fixo que fora censurada durante todos estes anos, ata que un colectivo decidiu recuperala e facer un documental (50 años en el andamio) sobre a súa historia. Os dous títulos chegan hoxe a Cineuropa, nunha xornada na que Vicente Aranda presenta o seu último filme, Luna caliente e na homenaxe a Ryuichi Sakamoto proxectarase o filme de Bernardo Bertolucci O ceo protector. (Entra na nova para ver os trailers das películas de hoxe). Amplía a nova>>

<< Anterior Siguiente >>

Noticias|Reportaxes|Historia|Documentos|Certames|Boletíns|Como estar en AVG |Vantaxes de AVG |Avísanos

AVG | O soportal do audiovisual galego | culturagalega.org


Consello da Cultura Galega
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org