23/11/2009
O Congreso promove a rebaixa dos requisitos para que os filmes en linguas cooficiais accedan as axudas
A nova Orde Ministerial establece que para a acceder a axuda os filmes deberá ter un custe superior a 1.5 millóns de euros e conte, como mínimo, con 30.000 espectadores no primeiro ano de exhibición. Uns cómputos que farían que filmes en linguas cooficiais (galego, catalán e vasco) non poidan acceder a estas axudas. Por iso, o Grupo Mixto do Parlamento, a instancia do deputado do BNG, Francisco Xesús Jorquera, presentou unha Proposición non de lei para modificar eses requisitos..
Amplía a nova>>
23/11/2009
A producion galega Estigmas debuta hoxe en Cineuropa
Estivo na sección oficial do Festival de Cine de Valladolid e chega hoxe a Cineuropa.
Estigmas é a nova película de Adán Aliaga, producida pola empresa galega
IB Cinema que está protagonizada por Manolo Martínez e Marieta Orozco. A adaptación cinematográfica do cómic Lorenzo Matoti. Canda esta, un novo pase da película de Costa-Gavras (
Eden à l’ouest), Guto Barra (
Beyond Ipanema) ou Lionel Baier (
Un autre homme).
Amplía a nova>>
23/11/2009
Moito máis que unha operación financeira (I)
Son o sustento de numerosas actividades culturais, de maior ou menor magnitude do noso país. Entre Caixanova e Caixa Galicia supoñen máis da metade do orzamento anual da Consellaría de Cultura e, para moitas entidades, unha vía de financiamento das actividades culturais que se fan no país. Por iso, resulta especialmente decisivo o que aconteza entre estas entidades para o sector cultural. Unha actividade que se iniciou hai dúas décadas con luces e sombras..
Amplía a nova>>
22/11/2009
Looking for Eric despídese de Cineuropa encabezando as votacións
Historias de todos os tipos chegan hoxe a Cineuropa: Estados Unidos e Reino Unido decláranse a guerra no último filme de Armanado Iannuci (
In the Loop; A historia de catro heroes se lenda que comezan no mar exeo (
Ede à L´ouest). A fuxida desesperada dunha nena cuxos pais acaban de separarse (
Yyki and Nina) ou a historia dos ferrocarrís arxentinos (
A próxima estación). Canda elas, hoxe terá lugar o último pase de
Looking for Eric, que encabeza as votacións do público cun 8,42..
Amplía a nova>>
20/11/2009
A Xunta recupera Cinegalicia e lembra os vinte anos de cine galego
1989 foi un ano clave para o audiovisual galego. No marco da mostra Cinegalicia estreáronse as tres primeiras longametraxes galegas de ficción
Continental (Xavier Villaverde, 1989),
Sempre Xonxa (Chano Piñeiro, 1989) e
Urxa (Alfredo Gª Pinal e Carlos A.L.Piñeiro, 1989). Por iso, agora que se cumpren vinte anos do acontecemento, a Xunta recupera Cinegalicia co formato de xornadas de reflexión e debate sobre os cambios experimentados no cine galego durante as últimas dúas décadas. A cita terá lugar en Pontevedra os dous primeiros días de decembro..
Amplía a nova>>
20/11/2009
Xabier Bermúdez presenta Rafael no marco de Cineuropa
Estreouse no marco do Festival de cine de Málaga na pasada edición e hoxe chega a Cineuropa. Xavier Bermúdez presenta en
Rafael (Xamalú Films, 2008) a historia dun home obsesionado ao que a vida lle depara numerosas sorpresas. Hoxe tamén hai outra cita co audiovisual galego, xa que Cineuropa revisa o traballo de Xosé Manuel Bazarra,
Sepi, no marco da sección
Emerxentes..
Amplía a nova>>
19/11/2009
A Academia Galega do Audiovisual convoca os premios Mestre Mateo 2009
Son os premios máis importantes do audiovisual galego e recoñece a produción feita no noso país durante o ano 2009. A Academia Galega do Audiovisual acaba de convocar unha nova edición deste certame que non presenta novidades con respecto á doutros anos. Longametraxes, películas, series e programas para televisión, documentais, curtametraxes de ficción e animación, obras experimentais, obras publicitarias e obras interactivas así como os profesionais que participen nestas producións –agás nas curtametraxes, obras experimentais, publicitarias e interactivas- poden presentarse a estes premios. O prazo de recepción de candidaturas remata o 16 de decembro, co qeu se abre o prazo de alegacións, votacións ata a gala final que terá lugar nos meses de abril ou maio..
Amplía a nova>>
19/11/2009
Fernando Trueba recolle hoxe o seu premio Cineuropa
O seu último filme,
O baile da victoria, representara á España nesta edición dos Óscars. É o último traballo dunha longa traxectoria na que hai titulos como
Belle Epoque (co que conseguíu un Óscar),
O milagre de Candeal ou
A nena dos teus ollos. Foi presidente da Academia Española de Cinematografía é un dos cineastas máis reputados de España. Fernando Trueba estará esta noite en Santiago para recoller o Premio Cineuropa 2009 e presentarnos o seu último filme que chega ás carteleiras o vindeiro venres. .
Amplía a nova>>
18/11/2009
O Tribunal Supremo pecha as únicas salas de cine de Ourense
Aínda que se prevé que sexa de maneira temporal, Ourense non a día de hoxe ningunha sala de cine. O Tribunal Superior de Xustiza acaba de revogar a licenza de apertura dos Cinebox e instou ao peche.A sentenza establece que as instalacións deberán permanecer pechadas mentres non se acrediten que cumpren coa normativa de seguridade e accesibilidade. Segundo publica,
La Región, o concello aprobará en breve unha nova licenza pero mentres tanto, a cidade non conta con oferta cinematográfica. O cinebox que conta con oito salas é a única empresa de exhibición que hai na cidade das Burgas. .
Amplía a nova>>
18/11/2009
Cineuropa presenta hoxe o documental de Patricia Ferreira premiado na Seminci
Señora de é o último traballo de Patricia Ferreira (
Sei quen es,
O alquimista impaciente). Un documental no amosa os testemuños de varias xeracións de mulleres de diferentes clases sociais e con diferentes tipos de educación que falan por primeira vez do que foi a súa vida, e que constituían a vida das mulleres na Galicia e na España recente. O traballo, premiado na sección Tempo de historia da Seminci, chega hoxe a Cineuropa, canda o último pase de
The Agony and the Ecstasy of Phil Spector,
Esther khan,
Un prophete e
Bagatela..
Amplía a nova>>