30/11/2009
Novas propostas nos últimos días de Cineuropa
Malia que entramos na recta final, Cineuropa aínda presenta títulos novos. Hoxe chega a carteleira,
A relixiosa portuguesa, que conta a historia de Julie, unha actriz francesa que fala portugués que vai a Lisboa por primeira vez para rodar unha película e alí o seu destino muda para sempre. Canda este título, tamén se estrea na programación
A historia de illamento na que viven tres fillos en
Dogtooth. Documentais e filmes de ficción de carácter independente na cita imprescinbible de Santiago.
.
Amplía a nova>>
27/11/2009
Cineuropa enfronta a súa recta final co maratón de cine bizarro
Seis películas (unha delas sorpresa), todas decorrido e sen descanso a partir as 20:15 horas no Teatro Principal. Só apto para sonámbulos e amantes do cine bizarro, é dicir, extravagante, insólito…. Con el entramos na recta final de Cineuropa..
Amplía a nova>>
26/11/2009
Unha comedia muda de animación gaña o premio Compostela Plató
Un supermercado, un garda de seguridade ao bordo dun ataque de nervios, un supervisor con ganas de despedir a alguén, unha caixeira que quere marchara para a casa, un cliente co carro cargado de produtos, dous minutos para o peche do local e unha historia de amor. Estes son os ingredientes de
Check Out, o guión gañador do premio Compostela Plató. É a primeira vez na historia deste certame, ao abeiro do Festival Curtocircuito, que resulta premiado un proxecto de animación. Ficción Producións é a produtora encargada de materializar a curtametaxe, xa que nisto consiste o premio (30.000 euros de orzamento e a distribución por festivais internacionais). Nesta ocasión seguiranse técnicas de animación en 3D con aspecto de debuxos animados bidimensionais, un procedimento semellante ao anime xaponés, que fuxe de semellanza coa imaxe real..
Amplía a nova>>
26/11/2009
Cineuropa completa con Claudia Brenlla o ciclo dedicado aos cineastas emerxentes galegos
A falta dunha semana para que remate, Cineuropa encara a recta final cun dos seus clásicos: a película sorpresa. Un clásico que comparte protagonismo hoxe coa cuarta e última sesión do ciclo especial dedicada ao realizadores emerxentes do audiovisual galego. Na sesión de hoxe, o programa céntrase no traballo de Claudia Brenlla. A Aula Sociocultural Caixa Galicia acollerá a proxección da súa curtametraxe
Bata por fóra (Muller por dentro) e a mediometraxe documental
O Club dos Sen Teito..
Amplía a nova>>
25/11/2009
Un documental explora as profundidades mariñas das costas galegas
O bosque encantado é o título do último documental do galego Jorge Candal que grava as profundaidaes mariñas das costas galegas. Un traballo que recibiu varios premios nacionais e internacionais e que se estrea no marco da Semana de Cine Submariño que comeza hoxe en Vigo. Un encontro que cumpre 29 edicións e que este ano presenta varioas novidades: en primeiro lugar, proxectará películas en alta definición, antes da proxeccións haberá un pequeno espectáculo audiovisual (diaporamas con música) e os títulos proxectados teñen unha duración maior (90 minutos). Canda o habitual programa expositivo haberá conferencias sobre os fondos mariños dos distintos fondos do planeta..
Amplía a nova>>
25/11/2009
Cineuropa acolle hoxe a noite especial Crebinsky
Os irmáns Feodor e Mihail Crebinsky protagonizados por Miguel de Lira e Sergio Zearreta sobreviven apañando o que traen as mareas. Guiados pola súa vaca, inician unha viaxe cara Normandía, lugar no que finalmente se produce o desembarco dos aliados na Segunda Guerra Mundial pero que, inicialmente, ía acontecer en Galicia. Hoxe aterran en Cineuropa (Teatro Principal, 22:00 horas) para presentar un making off, o trailer e a primeira bovina en 35 mm, meses antes da súa estrea oficial. Canda eles, a “tropa Crebinsky” encherá o principal con música da banda sonora, humor e moito cine..
Amplía a nova>>
24/11/2009
A conversión da TDT deixará a 75.000 veciños do Bierzo sen recibir a TVG
Desde hai un tempo, unha serie de asociacións veciñais de Asturias, Leon e Zamora mobilizáronse para recibir o sinal da Televisión de Galicia nos seus territorios (contabilízanse uns 75.000 habitantes galegofalantes). Unhas demandas que se cumpriron no seu momento pero que se verán frustradas coa chegada da TDT. O Grupo Popular das Cortes de Castela-León rexeitou onte unha proposición non de lei sobre a continuidade da recepción do sinal da TVG, mentres que Alberto Núñez Feijoo anunciou que xa se estaban a estudar solucións para estender o sinal da TVG nestes territorios cando se produza o apagón analóxico..
Amplía a nova>>
24/11/2009
Vilagarcía acolle ata o venres o festival audiovisual máis antigo de Galicia
É o certame máis lonxevo de todos cantos se celebran en Galicia. O Certame Audiovisual Liceo Casino de Vilagarcía celebra ata o venres a súa 37 edición. Unha escolma dos traballos da UNATC (Selección de la Universidad Nacional de Arte Teatral y Cinematográfico "I.L.CARAGIALE" ) de Bucarest foi a encargada de abrir esta edición do encontro. Pioneiros do certame, a sección oficial e o obradoiro 2D conforman o programa deste certame que pretende exhibir curtametraxes en “estilo directo, austero, cotiá, sinxelo e realista”. .
Amplía a nova>>
24/11/2009
Entre o ceo e a terra
Seda, o Festival Erótico de Vilagarcía, revolucionou hai cinco anos o panorama do sexo en Galicia. Era a primeira vez que estas temáticas se facía visible no noso país e dun xeito moi destacado. O éxito popular daquela convocatoria fixo que Manuel Abad comezara a reflexionar sobre a recepción no noso país do mundo do sexo. Esta foi a orixe do documental
Entre o ceo e a terra (inicialmente chamado
Galicia, o imperio dos sentidos), que recolle experiencias persoais, a visión dos sex shops, videoclubes, a música e mesmo a opinión de asociacións, todos os puntos de vista abertos a todas as persoas que quixeron colaborar. .
Amplía a nova>>
24/11/2009
Looking for Erik encabeza as votacions de Cineuropa a falta dunha semana para o remate
A mundo do erotismo e do sexo en Galicia entra hoxe na programación de Cineuropa da man dunha produción galega.
Entre o ceo e a terra, dirixida por Teo Manuel Abad, estréase hoxe ás 20:00 horas, nun día no que os filmes presentarán a traxedia social da privatización dos ferrocarriles arxentinos (
A próxima estación) e Brasil como forza viva de dominación musical mundial (
Beyond Ipanema). .
Amplía a nova>>