21/12/2009
Nadal+vacacións=nenos
Os cantos de Reis e as panxoliñas son un elemento imprescindible no Nadal. Por iso, son dúas actividades que están presentes en todas as programacións que os concellos ofrecen para os seus cidadáns. Analizamos a oferta das principais cidades de Galicia para ver as súas semellanzas e diferenzas..
Amplía a nova>>
15/12/2009
Nace Película Invertida, unha plataforma para abrir novas vías para a produción de cine
Rachar co modelo “empresa privada-televisión pública-administración pública”. Este é o obxectivo que procura Película Invertida. Este colectivo, integrado inicialmente por 12 persoas, pretende servir de punto de encontro de profesionais do sector audiovisual para promover a realización de filmes fóra do modus operandi habitual. Malia que a idea leva meses xestándose, o colectivo deuse a coñecer esta fin de semana e comeza agora a súa campaña de captación de socios. Canda esta iniciativa, o sector audiovisual segue a manifestar o seu malestar pola Orde Ministerial que desenvolve a Lei do Cine. A última nova a este respecto é o comunicado remitido pola Coordinadora de Profesionais do Audiovisual Galego no que explica o atranco para o futuro das producións independentes que o levou a denunciar esta lei ante a Unión Europea. .
Amplía a nova>>
15/12/2009
A lenta agonía
O cine tradicional morre lentamente. O que foi no seu momento un dos medios de comunicación máis aclamados como fenómeno social atravesa horas baixas. Son moitas as causas da baixada de espectadores que evidencian a fin dun ciclo e a necesidade de pensar nun novo modelo de exhibición cinematográfico. .
Amplía a nova>>
10/12/2009
O foro Creativa reúne a industria cultural galega e do Norte de Portugal
Desde hoxe e ata o vindeiro 19 de decembro, as artes escénicas, a música, o audiovisual e o produto gráfico de Galicia e do Norte de Portugal danse cita en Galicia. O Foro Creativa, coordinado pola Consellaría de Cultura e a Direcção Regional de Cultura do Norte do Ministério de Cultura portugués, abordará en 16 mesas redondas os problemas e posibilidades destes sectores. O programa inclúe ademais 13 espectáculos escénicos e musicais a cargo de creadores das dúas banda da raia. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, adiantou que esta iniciativa, integragada no Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal, terá continuidade co desenvolvemento dunha guía de recursos culturais e dunha axenda de eventos que se poderá seguir no web www.creativacultural.com..
Amplía a nova>>
10/12/2009
Cela 211 opta a ser finalista nos Globos de Ouro
Un película galega pode representar a España na final dos Globos de Ouro.
Cela 211, opta canda a
Los abrazos rotos e
El baile de la Victoria, a entrar na final destes galardóns na categoría de Mellor Filme Estranxeiro. De superar esta primeira criba, a produción que ten a Luís Tosar como protagonista debería competir con outros catro filmes para facerse co cobizado premio..
Amplía a nova>>
03/12/2009
Unha coprodución galego-brasileira achégase ao camiño de Santiago
Teo, unha reputada presentadora que perde o seu traballo ao tempo que descobre as infidelidades do seu marido. Ante a situación, decide iniciar unha nova vida e se embarca nun proxecto documental sobre o Camiño de Santiago. Este é o argumento de
Onde está a felicidade?, unha coprodución galego-brasileira (Filmanova, Pulsar Cinema e Coraçao da Selva) que se rodará no 2010 entre Sao Paulo e o Camiño de Santiago grazas ao Fondo de Coprodución Galicia-Brasil. O filme, que foi presentado en Santiago e comezará a se rodar en 2010, contará cun cameo de Paulo Coelho..
Amplía a nova>>
03/12/2009
Unhas xornadas debaten en Santiago modelos de comercialización audiovisual
Cela 211 é a coprodución galega que está arrasando nos cines comerciais. Por iso, é normal que o seu plan de promoción sexa obxecto de estudo no marco dunhas xornadas sobre márketing e comercialización audiovisual. Un encontro que organizan os produtores (AGAPI), a Universidade (USC) e a Xunta de Galicia e que arrinca hoxe en Compostela. Canda o caso concreto de
Cela 211, tamén se analizarán fórmulas como o patrocinio, a explotación comercial da obras e as canles de distribución, a comercialización en festivais e mercados, a creatividade e a publicidade, as ferramentas do marketing 2.0. e a comercialización en salas de cine..
Amplía a nova>>
03/12/2009
O sector audiovisual alude á distribución para a visibilización das producións galegas
Problemas de calidade dos traballos audiovisuais e atrancos á hora de chegar ao público. Esas son algunhas das eivas que anotaron os profesionais do sector presentes nas xornadas “20 anos de Cinegalicia”, coas que se conmemoran as dúas décadas da estrea comercial das primeiras longametraxes galegas. Entre as posibles solucións, apuntaron cara unha política de axudas públicas á exhibición e á distribución. Ademais, diferentes profesionais apuntaron a urxencia de definir o modelo público nas vindeiras semanas para non paralizar a produción do vindeiro ano. .
Amplía a nova>>
01/12/2009
Pontevedra repensa o audiovisual galego cando se cumpren vinte anos do seu nacemento
Continental,
Urxa e
Sempre Xonxa son os tres títulos que marcaron o nacemento do que se chama audiovisual galego. E os tres coincidiron no tempo, en 1989, no marco do que lle chamou Cinegalicia. Agora, a Secretaría Xeral de Comunicación e a Universidade de Vigo queren homenaxear aquel momento cunhas xornadas que conservan o mesmo nome, Cinegalicia, e que comezan hoxe en Pontevedra. A diferenza do que aconteceu hai vinte anos, agora non se estrearán películas, senón que se reflexionará sobre os acertos, desacertos, retos e oportunidades que ten o sector.
.
Amplía a nova>>
01/12/2009
A falta dun día para o remate, Looking for Erik encabeza as votacións de Cineuropa
Cun 8.5
Looking for Erik, a última película de Ken Loach, é posiblemente a película gañadora desta edición de Cineuropa. A falta dun día para que bote o peche, o programa apura os seus últimos títulos. O documental sobre a figura de Anne Wintour, a polémica editora de Vogue e son algúns dos títulos para este primeiro de decembro..
Amplía a nova>>