14/01/2010
Televisión de Galicia presenta o seu plan de apoio cinematográfico
O sitio web da Teleivisón de Galega contén as bases da convocatoria do seu Plan de Apoio Cinematográfico para este 2010. O programa está dirixido á contratación mediante precompra de determinados dereitos de explotación ou de emisión de longametraxes (cine), películas para televisión (tv movies), longametraxes documentais ou ben desenvolvemento de proxectos. A convocatoria detalla os importes máximos (250.000 euros por película de cine, sempre que non supere o 40% do orzamento total; 335.000 euros para tv movies e un tope do 60% do orzamento) e os prazos límites de presentación e adxudicación dos orzamentos. .
Amplía a nova>>
14/01/2010
Falece o actor Andrés Pazos
Un cancro acababa onte coa vida do actor Andrés Pazos en Compostela aos 65 anos. Pazos, que se fixera coñecido para o grande público pola súa intervención no filme
Whisky, desenvolveu a maior parte da súa carreira artística en Uruguay, onde emigrara de neno. Neste país participou na creación de Teatro de la Gaviota entre outras iniciativas. Ao longo dos anos noventa participou en diversas producións teatrais no noso país. .
Amplía a nova>>
11/01/2010
Cárcere de cine
O proxecto promovido por Vaca Films,
Cela 211 é a película favorita nesta edición dos Premios Goya. 16 candidaturas, entre elas as de mellor filme, mellor dirección, mellor interpretación masculina protagonista (Luis Tosar) e de reparto (Antonio Resines e Raúl Arévalo) ou a da maquilladora Raquel Fidalgo, viscaína de nacemento pero galega de adopción. Alén deste drama carcereiro, Filmax sitúa na final a segunda parte de
Pérez, o ratiño dos teus soños e Continental
Galadas, como mellor canción orixinal. O resultado saberase o 14 de febreiro de 2010 no transcurso da gala que terá lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións, de Madrid..
Amplía a nova>>
08/01/2010
Cultura apoia a Academia do Audiovisual con 60.000 euros
Nos vindeiros días asinarase un convenio polo que a Consellaría de Cultura lle acheguará á Academia Galega do Audiovisual un total de 60.000 euros. Así o adiantou onte o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, logo dunha xuntanza con representantes deste último organismo. Os cartos destinaranse a cubrir as actividades da Academia ao longo de 2010, especialmente aquelas vencelladas á promoción do audiovisual galego, os foros de debate, as propostas de formación para os profesionais do sector e mais as publicacións deste organismo. Entre as actividades previstas, está a contiuidade do foro Academia Aberta e mais dos Premios Mestre Mateo..
Amplía a nova>>
05/01/2010
Audiovisual: Cela 211
Ao igual que aconteceu con outros sectores culturais, o audiovisual estivo moi marcado pola mudanza de goberno e os cambios normativos que se desenvolveron a nivel estatal e europeo. O decreto que desenvolve a Lei do Cine, a nova Lei Xeral Audiovisual, o cambio do goberno en Galicia… A produción galega intensificouse en canto a curtametraxes, mantívose en documentais e caeu en longametraxes. As fontes consultadas destacan un título propio:
Cela 211..
Amplía a nova>>
28/12/2009
Sete despedimentos paralizan a actividade do Consorcio Audiovisual de Galicia
A Secretaría Xeral de Medios comunicou a sete traballadores do Consorcio Audiovisual de Galicia o martes 22 os seus despedimentos. Trala dimisión o 1 de decembro do director-xerente da entidade, Nacho Varela, e estes novos despedimentos, no Consorcio Audiovisual de Galicia só fica unha traballadora. Esta decisión prodúcese despois de que o pasado día 22 na entrega dos Premios Chano Piñeiro, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que o Consorcio será o organismo único de xestión audiovisual e que "habería que reestruturalo e potencialo". .
Amplía a nova>>
23/12/2009
Feijóo anuncia que reestruturará o Consorcio para coordinar a política audiovisual
Na gala de entrega dos IV premios Chano Piñeiro, Alberto Núñez Feijóo incidiu na necesidade de ter un audiovisual “forte e competitivo” para o que se necesita unha única política audiovisual. En canto ao organismo que se encargará de facelo, Feijóo apuntou que se saberá en breve. Sen embargo, acto seguido, o presidente citou á lei do audiovisual para lembrar que “xa contemplaba a creación dun organismo único, transversal, coordinador de actuacións e intereses que na propia lei ten o nome do Consorcio Audiovisual de Galicia, en activo desde 2003 e a pleno rendemento” do que dixo “haberá que reestruturalo e potencialo (desde principios de decembro está sen director-xerente trala marcha de Nacho Varela)”..
Amplía a nova>>
22/12/2009
Os clústers do audiovisual de toda España únense nunha rede
A unión é a forza. Por iso as empresas do audiovisual constituíron os seus clústers e, á súa vez, estes agrupar. A entidade resultante desa concentración chámase CAVE (Clústers Audiovisuais de España), co obxectivo de montar unha rede de colaboración e de traballo a nivel estatal. Entre as primeiras medidas que queren desenvolver é un Plan de Innovación e un Mapa de Indicadores estratéxicos do sector para iniciativas relacionadas co I+d+i..
Amplía a nova>>
21/12/2009
María Bouzas e Xavier Villaverde comparten o premio Chano Piñeiro
A actriz María Bouzas e ao realizador Xavier Villaverde acaban de ser galardoados, “ex-aequo”, co IV premio Chano Piñeiro que concede a Secretaría Xeral de Medios a profesionais que traballan a prol do audiovisual galego. O xurado recoñeceu a dilatada traxectoria profesional dos dous profesionais que recollerán os seus premios mañá no Salón Teatro de Santiago. Ademais, a proposta de Alfonso Cabaleiro, presidente do xurado, concedéronse dous premios de honra a Carlos Velo e José Luis Cabo Villaverde: “dous persoeiros xa ausentes pero sempre na memoria de todos os galegos vinculados co medio audiovisual”, segundo di a nota de prensa..
Amplía a nova>>
21/12/2009
Nadal+vacacións=nenos
Os cantos de Reis e as panxoliñas son un elemento imprescindible no Nadal. Por iso, son dúas actividades que están presentes en todas as programacións que os concellos ofrecen para os seus cidadáns. Analizamos a oferta das principais cidades de Galicia para ver as súas semellanzas e diferenzas..
Amplía a nova>>