28/01/2010
As historias do camiño
O Hostal dos Reis Católicos acolle esta noite a presentación de
A Sinapse do Códice, un documental ficcionado que percorre o Camiño de Santiago a través dos ollos de Gildeberta de Flandes, considerada a primeira muller peregrina. Sara Casanovas, Miguel de Lira, Oscar Jaenada, Hugo Silva protagonizan este filme dirixido por Pablo Iglesias (Santiago, 1977) cuxa estrea se complementa coa edición dun libro, un DVD para a súa distribución mundial, e a súa presenza en festivais nacionais e internacionais..
Amplía a nova>>
27/01/2010
Rodrigo Cortés arrinca eloxios en Sundance coa súa película Buried
Curtido no eido publicitario, ten só unha película as súas costas (
Concursante, producida por Continental e protagonizada por Leonardo Sbaraglia) e acaba de entusiasmar en Sundance, o festival de referencia da produción cinematográfica independente. Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) dirixe a
Buried, protagonizado por Ryan Reynolds que interepreta a un contratista civil en Irak que esperta enterrado vivo nun vellor ataud de madeira, cun teléfono móbil case esgotado. Producida por Versus Entertainment, estrearase en todo o mundo nos vindeiros meses.
Amplía a nova>>
27/01/2010
Perdéndolle o pulso
A situación do sector audiovisual galego nestes momentos é máis propio dunha película de ciencia ficción. Principalmente porque é imposible obter cifras reais que nos permitan facer unha radiografía cuantificada do sector. Sen embargo, desde o Clúster Audiovisual Galego (CLAG) barallan que o descenso da produción no 2009 foi dun 30% e prevén que neste ano descenda aínda máis. O sector reuniuse a principios de xaneiro co presidente Alberto Núñez Feijóo e, alén da definición competencial na administración, reclamaron “un plan de choque”. .
Amplía a nova>>
26/01/2010
Patricia Ferreira, Matilde Fernández e Carmen Pérez reciben o premios Diálogos 90
Son tres mulleres, destinaron a súa traxectoria profesional á cultura e a asociación viguesa
Diálogos 90 acaba de nomealas “Viguesas distinguidas”. Patricia Fereira, é a directora de películas como
Sei quen es ou
Para que non me esquezas; Matilde González é directora da escavación do Castro e realizou numerosas prospeccións en Galicia; e Carmen Pérez Vaquero é unha difusora do galego no eido empresarial a través de colectivos como a Irmandade Xurídica Galega ou o Foro Peinador. O vindeiro domingo a asociación faralles entrega dos galardóns no Museo de Castrelos..
Amplía a nova>>
21/01/2010
A Academia do Audiovisual fai pública a listaxe de candidatos definitivos aos Mestre Mateo
101 producións audiovisuais compiten entre si para converterse nos mellores traballos de 2009. A Academia Galega do Audiovisual acaba de facer pública na súa web os candidatos definitivos que optan aos premios Mestre Mateo 09.
Galadas,
Un bo home,
Cela 211,
O club da Calceta,
Conexión,
O Nordés e
Matalobos son as producións que optan a maior número de categorías. O seguinte paso na selección dos traballos finalistas terá lugar durante a primeira semana de febreiro co envío dos traballos en dvd a tódolos socios da Academia, e continuará na segunda semana de febreiro co envío das papeletas para verter os seus votos..
Amplía a nova>>
19/01/2010
Ábrese o prazo de recepción de traballos para o Festival de Cans
A Asociación Cultural Arela acaba de dar a coñecer as bases para a sexta edición do seu festival de curtametraxes, o de Cans (20 ao 23 de maio de 2010). Un encontro que mantén as mesmas dotacións en categorías que noutras edicións e repartirá 5.600 euros en premios entre curtametraxes (ficción e animación) e videclips. O prazo de presentación de material (en DVD) será o vindeiro 15 de marzo..
Amplía a nova>>
18/01/2010
¡Fai Zig-zag!
Hoxe comeza Zig-zag, o primeiro informativo cultural diario da TVG. O programa, conducido por María Solar e dirixido por Xosé Luís Muñoz, analizará a actualidade cultural do país e prestará atención específica aos diferentes sectores (literatura, música, artes escénicas, audiovisual...). A escritora Rosa Aneiros será a protagonista do espazo que arranca esta noite (20:30 horas) na G2, a segunda cadea do ente público (emitirase en diferido na TVG ás 2:30 horas)..
Amplía a nova>>
15/01/2010
As provincias da Coruña e Ourense comezan o apagón analóxico
O vindeiro luns chega a Televisión Dixital Terrestre a Galicia de xeito definitivo. O día 18 producirase o apagón analóxico de dúas fases que afectará a concellos das provincias da Coruña e Ourense, aínda que tamén a algúns municipios das provincias de Lugo e Pontevedra. Os seguintes apagóns terán lugar de xeito progresivo ata o día 1 de febreiro. O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, explicou hoxe nunha rolda de prensa o traballo desenvolvido polo Executivo no cambio de tecnoloxía, ao tempo que reforzou o servizo de atención telefónica (no 012 e no 981 572 154) para atender ás consultas sobre o proceso..
Amplía a nova>>
15/01/2010
Cela 211 segue sumando premios mentres agarda polos Goya
A película producida por Vaca Films e protagonizada por Luis Tosar e Luis Zahera,
Cela 211, segue a sumar premios. A Asociación de críticos latinoamericanos de Nova York acaba de outorgar os seus premios a Luis Tosar, e á Carlos Bardem polas súas interpretacións na película dirixida por Daniel Monzón. O filme é un dos máis taquilleiros da produción española e leva recadado máis de 10 millóns de euros (6.288.206 segundo a web do Ministerio de Cultura). Ademais, é a gran favorita para os premios Goya con 16 candidaturas e que se resolverán o vindeiro 14 de febreiro en Madrid. .
Amplía a nova>>
14/01/2010
A Fundación Caixa Galicia achégase a Londres a través dun ciclo de cine
¿Queres percorrer Londres da man dos grandes directores de cine? Esta é a última proposta cinematográfica da Fundación Caixa Galicia. Baixo o título
Londres no cine, que continúa coa senda de traballo iniciada coa cidade de Nova York, exhíbense películas nas que a capital británica servíu de plató de rodaxe.
Wonderland (Michael Winterbottom, 1999),
Closer (Mike Nichols, 2004),
Blow Up (Michelangelo Antonioni, 1966) ou
Match Point (Woody Allen, 2005) son algúns dos títulos que se proxectarán nas diferentes sedes que a entidade ten por toda Galicia. .
Amplía a nova>>