Rodrigo Cortés arrinca eloxios en Sundance coa súa película Buried

A produción estrearase nos vindeiros meses

Curtido no eido publicitario, ten só unha película as súas costas (Concursante, producida por Continental e protagonizada por Leonardo Sbaraglia) e acaba de entusiasmar en Sundance, o festival de referencia da produción cinematográfica independente. Rodrigo Cortés (Ourense, 1973) dirixe a Buried, protagonizado por Ryan Reynolds que interepreta a un contratista civil en Irak que esperta enterrado vivo nun vellor ataud de madeira, cun teléfono móbil case esgotado. Producida por Versus Entertainment, estrearase en todo o mundo nos vindeiros meses